Dúas recomendacións de Alejandro Estévez e Uxía Lage para animar á lectura.
Carteis deseñados polo alumnado de 1º BAC. con citas literarias de obras de autoras e autores galegos.
Dúas recomendacións de Alejandro Estévez e Uxía Lage para animar á lectura.
Carteis deseñados polo alumnado de 1º BAC. con citas literarias de obras de autoras e autores galegos.
O alumnado do centro iniciou un intercambio de cartas co IES Val do Tea. Esta semana recibiron ilusionados a primeira carta e comezaron a preparar a resposta para as rapazas e rapaces de Ponteareas.
![]() |
| 1º ESO A |
![]() |
| 1º ESO B |
![]() |
| 4º ESO |
![]() |
| 4º ESO |
![]() |
| 1º ESO B |
A lectura e recitado dos poemas de O meu gato é un poeta de Fran Alonso inspirou a rapazada de 1º ESO. Contaxíaronse desta divertida proposta poética, comezaron a gozar da poesía e xurdiu a creatividade. Os papeis enchéronse de cor e agromaron haikus, acrósticos, caligramas, centóns, poemas en prosa... que nos lembran que "nos poemas, as palabras son máis grandes, máis ricas, máis cheas".
Haikus confeccionados polo alumnado de 1º ESO para conmemorar o Día da Lingua Materna e o Día de Rosalía.
Velaquí as superheroínas e superheroes da lingua que cos seus poderes loitan por ensinala e defendela. Son unha creación do alumnado de 1º ESO para conmemorar o Día da Lingua Materna.
Este ano, a saúde tamén protagoniza as nosas postais de Nadal. O alumnado felicita as festas co desexo de que a saúde nos acompañe e lembran a necesidade de continuar respectando as normas.