24.2.21

ROSALÍA DE CASTRO

 


Infografía realizada polo alumnado de 1º BAC.  

HAIKUS

 

 

Haikus confeccionados polo alumnado de 1º ESO para conmemorar o Día da Lingua Materna e o Día de Rosalía.

23.2.21

DÍA DE ROSALÍA

 

UXÍA OVIEDO DE DIOS

 

Debuxo de Uxía Oviedo de Dios, exalumna do centro. 

Grazas, por este agasallo! 

22.2.21

DEFENSORAS E DEFENSORES DA LINGUA


Velaquí as superheroínas e superheroes da lingua que cos seus poderes loitan por ensinala e defendela. Son unha creación do alumnado de 1º ESO para conmemorar o Día da Lingua Materna.

30.1.21

DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

O alumnado de 1º ESO reflexiona sobre a necesidade de construír unha escola na que o diálogo, o respecto, a cooperación, a tolerancia ou a solidariedade sexan os principios que guíen a súa convivencia. 

 

1º ESO
1º ESO


2º ESO    

14.12.20

POSTAIS DE NADAL

Este ano,  a saúde tamén protagoniza as nosas postais de Nadal. O alumnado felicita as festas co desexo de que a saúde nos acompañe e lembran a necesidade de continuar respectando as normas.

 


 






4.12.20

RECEITAS DE NADAL

O alumnado recolleu receitas de diferentes pratos e sobremesas que se fan nas súas casas cando chega o Nadal. 

 




Máis receitas

27.11.20

CORRELINGUA 2020

O 27 de novembro, o alumnado de 1º ESO asistiu  á actuación de AldaoLAdo que foi emitida dende o IES As Lagoas de Ourense. Celebramos co lema "Vinte coa lingua!" a vixésima edición do Correlingua. Cúmprense vinte anos reclamando o dereito a usar a lingua propia. 

 



 




25.11.20

NON É NORMAL

O alumnado de 1º ESO reflexiona sobre situacións e actitudes que sofren as mulleres e que non son normais. 

 

12.11.20

ALFABETOS DA SAÚDE

Nun curso marcado por unha pandemia que modificou o noso día a día no centro, o alumnado de 1º ESO deseñou un alfabeto que ten como tema central a saúde, en concreto, recolle léxico relacionado co coronavirus.