18.12.15

NADAL GASTRONÓMICO


O alumnado de 1º ESO participou no tradicional concurso de tarxetas de Nadal que o EDLG convoca nestas datas. Nesta ocasión, as tarxetas contiñan receitas típicas da época ilustradas con fotos dos pratos propostos.  Parabéns os/as gañadores/as!

1º ESO A: Martín González Blanco e Ana Cid Seguín.
1º ESO B: Catarina Calheiros Pimentel e Mª Lourdes Freixo Ovalle. 

15.12.15

CARTAS DE INVERNO


Compartimos cos lectores e lectoras do blogue os cómics que o alumnado de 2º ESO confeccionou trala lectura da novela de Agustín Fernández Paz.




25.11.15

DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER




 O alumnado de 4º ESO planta cara á violencia contra a muller e participa na campaña promovida pola biblioteca escolar. 

4.11.15

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

O día 4 de novembro celébrase o VI Día da Ciencia en Galego. Se queres coñecer a Historia da Ciencia en Galicia,  podes visitar o Álbum da Ciencia do Consello da Cultura Galega.



30.9.15

A PRAIA DOS AFOGADOS




O filme A praia dos afogados baseado na novela homónima de Domingo Villar foi presentado o luns 28 en Vigo. Asistiron á presentación, o director e produtor, Gerardo Herrero, o autor da novela e o reparto.  A película que será estreada o 9 de outubro conta co actor Carmelo Gómez no papel de Leo Caldas e actores galegos como Luis Zahera, Celia Freijeiro, Celso Bugallo, Marta Larralde, Pedro Alonso, Tamar Novas, Fernando Morán o Carlos Blanco, entre outros.
Domingo Villar confirmou na presentación que a terceira entrega das aventuras de Leo Caldas, Cruces de pedra, será publicada despois do Nadal.
 
 

22.6.15

CAMPAÑA FELICITA EN GALEGO



O EDLG deseñou un nova campaña dirixida ao comercio local. Nesta ocasión, baixo o nome de Felicita en galego I, creou etiquetas adhesivas coas lendas "Desexo que che guste" e "Parabéns" que van ser distribuídas polas alumnas Uxía Oviedo e Lucía González de 3º ESO entre algúns dos comercios da contorna.

15.6.15

PRESUME DE GALEGO

Sumámonos á campaña organizada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística "Presume de galego" coas gravacións do alumnado de 1º ESO, alumnado galegofalante orgulloso da súa lingua. Por iso, todos/as escolleron un tema, planificaron a exposición e compartírona cos compañeiros/as de aula. Velaquí algúns exemplos. 

 


 


 

12.6.15

OLLOS DE AULA Nº 22

Chéganos o número 22 da revista Ollos de aula. A Coordinadora di que Carmen Moure Espiño, profesora de Lingua Galega e Literatura no IES Castro Alobre de Vilagarcía, responde á pregunta “Por que se precisan proxectos de sensibilización coeducativa?”; e Mª Montserrat Castro Rodríguez, profesora da Fac. de CC. Da Educación da UdC propón unha serie de actividades para que a rapazada reforce aprendizaxes da escola que deben estar e servir para a vida ordinaria. Pola súa banda, a psicopedagoga Lines Salgado achégase aos estándares da LOMCE na sección "Palabras do ensino", mentres que Gracia Santorum nos agasalla novamente cunha triada de interesantes propostas lectoras en “Cadencias”.



8.6.15

O MEU GATO É UN POETA

 
O alumnado de 1º ESO A recita algúns dos poemas da obra O meu gato é un poeta de Fran Alonso.
 
  





5.6.15

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS


O alumnado de 4º ESO recomenda a lectura dalgunhas das súas obras literarias preferidas:  Matarte lentamente, O pintor do sombreiro de malvas, O achado do castro ou Pel de lobo. Visiona os vídeos dos libros e déixanos un comentario.