Continuamos coa celebración do mes das Letras co recitado poético que da obra Nimbos preparou o alumnado de 4º ESO. Para acompañar a lectura dos poemas contamos co acompañamento instrumental de Carla Lamas.
25.5.14
14.5.14
CORRELINGUA
Baixo o lema "Galego,
o paso adiante" chegou a tradicional carreira a prol da lingua a Ourense e a outras once localidades
galegas. O alumnado de 1º ESO participou con dúas pancartas nesta proposta que todos os anos se converte nun acto festivo para reivindicar, como din na
páxina web do Correlingua, o dereito a medrar en galego e tamén a exercer de
maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única
forma de garantir o seu futuro".
Etiquetas:
carreira,
correlingua,
normalización
8.5.14
OLLOS DE AULA Nº15
Achegamos ás famillias do alumnado o número 15 da revista Ollos de aula.
Etiquetas:
familias,
normalización,
ollos de aula,
revista
7.5.14
MES DAS LETRAS
Comeza o mes das Letras e con el as celebracións arredor de Xosé María Díaz Castro, por iso queremos achegarvos algunhas páxinas e interesantes traballos que se están a publicar sobre o poeta. Comezamos divulgando un documental dirixido por Xulio Xiz, gravado en 1987 e remasterizado no 2014.
Etiquetas:
letras,
Xosé María Díaz Castro
6.5.14
OLLOS DE AULA. Nº 14
A CGENDL publica un novo número da revista Ollos de aula con interesantes contidos para ás familias do alumnado.
Etiquetas:
familias,
normalización,
ollos de aula,
revista
23.4.14
DÍA DO LIBRO
Conmemoramos o Día do Libro coa presentación dunha escolma de vídeos realizados polo alumnado de 4ª ESO para promocionar autores/as e obras da nosa literatura e tamén traducións á nosa lingua.
Ámote Leo. Destino Xalundes. Rosa Aneiros
Rocío García Mojón
O neno do pixama a raias. John Boyne
Sara Garrido Parada
Pel de lobo. Xosé Miranda
Edei Otero Conde
O pintor do sombreiro de malvas. Marcos Calveiro
Madalina Mihaela Culitá
Etiquetas:
bibliotráiler,
lecturas,
libros
22.4.14
ENCONTROS CON AUTORES
Durante este curso escolar o EDLG
colaborou co Equipo de Dinamización da Biblioteca Escolar na promoción e
dinamización da lingua participando nos clubs de lectura, nos encontros
con autores e nas Tertulias
literarias. Visitaron o noso
centro: Manuel Núñez Singala, Marcos Calveiro e Ramón Carredano; e asistimos, xunto con outros centros da provincia, aos faladoiros literarios con Santiago
Lopo e Manuel Portas.
Etiquetas:
autores,
encontro,
Manuel Núñez Singala,
Marcos Calveiro,
Ramón Carredano
11.3.14
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
O 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller. Preme no enlace se queres saber algo máis sobre a historia deste día.
9.3.14
CONTADAS
Tras a lectura e análise de Contos de medo do museo e como paso previo á visita ao Museo Provincial de Lugo, o alumnado de 2º ESO agrupado en equipos realizou a contada dun dos relatos do libro. Velaquí unha pequena mostra:
Etiquetas:
contadas,
contos de medo do museo
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)