31.10.13
SAMAÍN
Para conmemorar esta data, o alumnado de 2º ESO seleccionou un fragmento dun libro de medo e realizou a súa ilustración. Fixádevos no resultado.
6.10.13
OLLOS DE AULA Nº9
Comeza o curso e retomamos a actualización do blogue cun novo número de Ollos de aula, a revista para as familias do alumnado da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística. Neste número, segundo explica a CGENDL, "as actividades extraescolares, as siglas AL e PT no labirinto terminolóxico case infinito da educación, a aposta pola visibilización da diversidade na escola e as propostas culturais máis actuais enchen a publicación".
Etiquetas:
familias,
normalización,
ollos de aula,
revista
25.6.13
A FALA...
historia compartida intimamente,
sufrimento de todos,
amor de cada un
e tamén amor de todo o pobo,
laio e canción,
nai que nos abrangue i arrola,
estrela milagreira que nos guía
e fai que os nosos corazóns
latexen xuntos.
A fala é a voz da terra
e mais do mar,
o vencello que nos xungue
no tempo cos que foron
e mais cos que han de ser.
Desconfía, ¡ouh pobo meu!,
estén alerta contra aqueles
que deixan a túa fala
e din que te aman.
Quen non está contigo
é teu inimigo, aínda
que os seus beizos
che mintan un amor
que nunca alumou o seu corazón.
Versos pra un país de minifundios (1969). Manuel María
Con estes versos de Manuel María sobre o valor da lingua despedímonos ata setembro. Bo verán!
18.6.13
VACACIÓNS LECTORAS
Achégase o verán e o EDLG edita unha guía lectora de cómic e álbum ilustrado con recomendacións para o tempo de lecer. Queremos invitar a toda a Comunidade Educativa a acudir á biblioteca e elixir algunha das nosas propostas porque, nas vacacións, a lectura sempre é un bo plan.
FELICES VACACIÓNS LECTORAS!
FELICES VACACIÓNS LECTORAS!
Etiquetas:
álbum ilustrado,
cómics,
vacacións lectoras
13.6.13
OLLOS DE AULA Nº8
Co nº 8 da revista Ollos de aula, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística remata o primeiro ano desta interesante publicación destinada ás familias do alumnado. Nesta nova entrega Manuel N. Singala, director do SNL da Universidade de Santiago, explícanos o que é un "prexuízo lingüístico"; a educadora e pedagoga Tania Merelas dános unha serie de pautas para afrontar o verán coas crianzas en familia; Lines Salgado tamén lle tira proveito ao termo "Vacacións" na sección "Palabras do ensino"; e Gracia Santorum agasállanos novamente coas súas deliciosas propostas lectoras... e non esquecemos meter na maleta do verán a nosa lingua, para que ande descalza e libre pola area...
Etiquetas:
familias,
normalización,
ollos de aula,
revista
10.6.13
POUSA VASOS
Co fin de de achegar a poesía galega aos centros de ocio da contorna, o Equipo de Dinamización da Lingua, a través do alumnado de 4º ESO, puxo en marcha unha campaña de distribución de pousa vasos nos establecementos hostaleiros. Os pousa vasos, cun formato convencional, están confeccionados en polipropileno e teñen impreso o poema "Eu son" de Manuel Antonio.
Etiquetas:
comercio local,
normalización,
pousa vasos
6.6.13
ENTREGA PREMIOS
Alumnas gañadoras do concurso literario João de Nóvoa nas diferentes categorías e modalidades.
2ª CATEGORÍA (1º/2º ESO)
1º premio relato: “Guerra de bágoas” Uxía Oviedo De Dios.
2º premio relato: “Alguén imposible de esquecer” Helena Losada González.
3ª CATEGORÍA (3º/4ºESO)
1º premio relato: “De sabios é rectificar” Raquel Estévez Prado.
1º premio poesía: “O transcurso da vida” Cristina Otero Mangana.
4ª CATEGORÍA (BAC.)
Alumnado gañador do concurso de curtametraxes João de Nóvoa nas diferentes categorías.
2ª CATEGORÍA (1º/2º ESO) 1º premio: "Unha historia coñecida por demasiados alumnos" Lorena Domínguez Navarro, Sergio Domínguez Navarro, Yago Vilarchao Cid, Nuria González Román, Nadia Carballo Gómez, Alba González Bretaña, Benita Celia Rodríguez Abadín, Lucía Graña Rodríguez, Carmen Rivas Vázquez, Emma Fariñas Cabo, Sara Torres González, Ana Salgado Garrido, Uxía Oviedo De Dios, Lucía González Iglesias.
3ª CATEGORÍA (3º/4ºESO)
2º premio: "Non te esquecerás de min" Mireia Núñez Docabo, Rubén García García, Sara Garrido Parada, Rocío García Mojón, Edei Otero Conde.
Etiquetas:
concurso,
João de Nóvoa,
premios
CONCURSO DE CURTAS
Curtametraxes gañadoras da VI edición do Concurso João de Nóvoa
“Unha historia coñecida
por demasiados alumnos”
“Asasinato express ”
“Non te esquecerás de
min”
Etiquetas:
concurso,
curtas,
João de Nóvoa
4.6.13
ENTREGA PREMIOS
O vindeiro xoves 6 de xuño, o EDLG fará a entrega de premios do VI Concurso João de Nóvoa na biblioteca do centro. Agardámosvos.
Etiquetas:
concurso,
curtas,
João de Nóvoa,
premios
2.6.13
+ ROSALÍA
Rosalía de Castro converteuse, este curso escolar, na protagonista de numerosas e variadas homenaxes. Moitas foron as iniciativas que botaron a andar para conmemorar o 150 aniversario da publicación de Cantares gallegos. Dúas alumnas de 4º ESO, María Riesco Yanes e Lucía Rodríguez Pombo, quixeron renderlle a súa particular homenaxe con dous vídeos nos que os poemas "Tal como as nubes" (Follas novas) e "Adiós ríos, adiós fontes" (Cantares gallegos) van acompañados de imaxes e música.
Etiquetas:
conmemoración,
Rosalía,
videopoema
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)