27.1.13
DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA
Etiquetas:
lecturas temáticas,
libros,
paz
13.1.13
CONTINÚA A CELEBRACIÓN: O EDLG CUMPRE 10 ANOS
Di o dicionario da Real Academia Galega que memoria é a facultade que permite reter na mente e facer presentes, mentalmente, cousas pasadas. Evocar o noso pasado recente espertou en nós a parte máis emotiva; non imaxinabamos o gratificante e intenso que ía supoñer revivir unha etapa de esforzo, de tempo investido, de persoas involucradas, de satisfaccións, de superacións… Desexamos compartir con vós ese pasado e amosarvos todo o material impreso que fomos elaborando e entregando á Comunidade Educativa ao longo destes anos. Queremos confirmar o compromiso adquirido hai xa dez anos e reforzar a vontade de continuar transitando por sendeiros que nos sigan ilusionando.
21.12.12
PREMIOS NADAL GASTRONÓMICO
Alumnas gañadoras no concurso de Tarxetas de Nadal:
- Helena Losada González. 1º ESO A
- Iria Carrera Doval. 1º ESO B
- Carmen Rivas Vázquez. 1º ESO C
20.12.12
NADAL GASTRONÓMICO
Coma os últimos anos, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega convocou o concurso de Tarxetas de Nadal que, nesta ocasión, xira arredor de pratos e sobremesas típicos desta época. O alumnado de 1º ESO confeccionou postais que incluían unha receita e unha ilustración do prato. Os gañadores do concurso recibirán un agasallo e un diploma na entrega de premios que se celebrará mañá.
O EDLG DESÉXAVOS BOAS FESTAS!
12.12.12
RecitandoCelsoemiliO
Hoxe, mércores día 12 de decembro de 2012, ás 12.00 horas, participamos no recitado do poema “Deitado fronte ao mar” de Celso Emilio Ferreiro nunha homenaxe pública e colectiva, xunto con milleiros de rapaces/as de toda Galicia, ao poeta celanovés, símbolo do compromiso coa cultura e a lingua galega. Velaquí algunhas imaxes:
O IES SAN MAMEDE reivindica a través das redes sociais o uso da lingua. #recitandocelsoemilio eu fáloa porque si, porque me gosta, porque me peta e quero e dame a gaña, porque me sae de dentro...
9.12.12
RecitandoCelsoemiliO!
O noso centro súmase, o
mércores 12 ás 12:00h, ao recitado público e colectivo do poema "Deitado fronte ao mar" de
Celso Emilio Ferreiro. Trátase dunha iniciativa da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística no centenario
do nacemento do autor de Celanova. En palabras do CGENDL: "Desexamos renderlle homenaxe pública cunha acción de carácter colectivo
que simbolice toda a forza e enerxía que transmite a súa palabra, símbolo
permanente de valores de solidariedade e xustiza universais, pero tamén de
compromiso cívico coa cultura e lingua de Galicia".
5.12.12
OLLOS DE AULA. Nº3

O CGENDL acaba de editar o número 3 da revista Ollos de aula, unha revista destinada ás familias do alumnado. Neste mes de decembro, trata contidos tan interesantes como: o reforzo educativo, os xoguetes do Nadal ou o Informe do Consello Europeo sobre a política lingüística da Xunta.
No noso centro xa ocupa un lugar destacado:
No noso centro xa ocupa un lugar destacado:
|
Biblioteca |
Sala de espera familias |
Sala de profesoras/es |
Etiquetas:
familias,
normalización,
ollos de aula,
revista
23.11.12
SOBRE IGUALDADE

O diario violeta de Carlota (2011) publicado pola editorial Galaxia na colección Costa Oeste forma parte dunha triloxía escrita por Gemma Lienas. Carlota, unha rapaza adolescente, comeza a escribir un diario onde vai anotando todas as situacións discriminatorias contra a muller que percibe ao seu arredor a través das súas lentes violetas.
Fina Casalderrey desenvolve en Ola,
estúpido monstro peludo (2007) o tema da violencia contra a
muller. A obra, publicada pola editorial Galaxia na colección Árbore, está destinada a lectores a partir de dez anos e nela a protagonista, aínda no útero da nai, ve como o pai se converte nun
monstro peludo que enche a casa de prohibicións e ameazas que aterran a súa nai.
Etiquetas:
conmemoración,
igualdade,
machismo,
muller,
violencia
15.11.12
NOVELA POLICIAL
Continuamos coa Campaña Lecturas Temáticas e achegamos, nesta ocasión, unha selección de lecturas de temática policial.
"A novela policial é un xénero narrativo onde a trama consiste xeralmente na resolución dun misterio de tipo criminal. O protagonista na novela policial é normalmente un policía ou un detective, habitualmente recorrente ao longo de varias novelas do mesmo autor, que, mediante a observación, a análise e o razoamento dedutivo, consegue finalmente descubrir como, onde, por que se produciu o crime e quen o perpetrou.
Está xeralmente aceptado que, aínda que os seus antecedentes se remontan máis atrás no tempo, o xénero policial como tal naceu no século XIX da man de Edgar Allan Poe, ao crear ao detective Auguste Dupin no seu relato Os crimes da Rúa Morgue". http://www.bne.es
Etiquetas:
campañas,
lecturas temáticas,
novela policial
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)