23.11.12
SOBRE IGUALDADE

O diario violeta de Carlota (2011) publicado pola editorial Galaxia na colección Costa Oeste forma parte dunha triloxía escrita por Gemma Lienas. Carlota, unha rapaza adolescente, comeza a escribir un diario onde vai anotando todas as situacións discriminatorias contra a muller que percibe ao seu arredor a través das súas lentes violetas.
Fina Casalderrey desenvolve en Ola,
estúpido monstro peludo (2007) o tema da violencia contra a
muller. A obra, publicada pola editorial Galaxia na colección Árbore, está destinada a lectores a partir de dez anos e nela a protagonista, aínda no útero da nai, ve como o pai se converte nun
monstro peludo que enche a casa de prohibicións e ameazas que aterran a súa nai.
Etiquetas:
conmemoración,
igualdade,
machismo,
muller,
violencia
15.11.12
NOVELA POLICIAL
Continuamos coa Campaña Lecturas Temáticas e achegamos, nesta ocasión, unha selección de lecturas de temática policial.
"A novela policial é un xénero narrativo onde a trama consiste xeralmente na resolución dun misterio de tipo criminal. O protagonista na novela policial é normalmente un policía ou un detective, habitualmente recorrente ao longo de varias novelas do mesmo autor, que, mediante a observación, a análise e o razoamento dedutivo, consegue finalmente descubrir como, onde, por que se produciu o crime e quen o perpetrou.
Está xeralmente aceptado que, aínda que os seus antecedentes se remontan máis atrás no tempo, o xénero policial como tal naceu no século XIX da man de Edgar Allan Poe, ao crear ao detective Auguste Dupin no seu relato Os crimes da Rúa Morgue". http://www.bne.es
Etiquetas:
campañas,
lecturas temáticas,
novela policial
30.10.12
OUTONO, TEMPO DE COGOMELOS
Se neste tempo decidides dar un paseo por calquera recuncho da nosa paisaxe atoparédesvos cun auténtico espectáculo. Nós saímos ao campo coa intención de observar e fotografar os cogomelos. Non pretendemos clasificalos nin polo seu valor culinario nin pola súa toxicidade, simplemente, quixemos gozar ao comprobar como, día a día, ían variando a súa forma e cor. Se queredes colaborar ampliando o noso álbum fotográfico podedes achegarnos as vosas imaxes.
23.10.12
DE TERROR, DE MEDO, DE INTRIGA, DE MAXIA...
Aproxímase a festividade
do Samaín e o EDLG en colaboración co Equipo de Dinamización da Biblioteca
Escolar organizou unha exposición de
libros cuxa temática xira arredor do medo, o terror, a maxia, o misterio, a fantasía… A Biblioteca do centro emprestounos o espazo e
os recursos e o alumnado de 1º ESO colaborou cos seus deseños na recreación do
ambiente. Achegádevos á biblioteca e atrevédevos a pasalo de medo coa lectura dalgún
dos títulos que propoñemos.
4.10.12
OLLOS DE AULA. Nº 1
Nace Ollos de aula, unha revista educativa da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística. Esta publicación "ten como obxectivos achegarlles ás familias información variada ao redor da educación e convidalas a reflexionar sobre aqueles temas que lles preocupan como nais e pais".
Nós, xa lle demos un espazo no noso blogue; para acceder a ela só tedes que premer na portada que aparece na barra lateral.
Etiquetas:
familias,
normalización,
ollos de aula,
revista
23.9.12
O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA CUMPRE 10 ANOS
Xa
son dez anos de vida! Achegámonos timidamente á adolescencia e non precisamente nas
mellores circunstancias, pero aquí
seguimos, inamovibles, orgullosas e orgullosos da nosa lingua. Este vai ser un curso de celebracións, e imos festexalo
como mellor sabemos, con traballo e unha chea de actividades. Desexamos, a
pesar de atoparnos nun escenario adverso, conservar as mesmas ilusións dos comezos;
mirar cara a atrás e lembrar ese fío en que se converteu o Equipo, e que, coa
axuda duns e doutros, foi tecendo unha arañeira de colaboradores/as. Pretendemos
continuar medrando, queremos alimentarnos coas vosas achegas. Como único agasallo,
precisamos a vosa compañía. Así pois, estades convidadas/os ao noso
aniversario.
22.6.12
VIAXE DE VOLTA

Finalizamos o curso e con el rematan as actividades. Agradecemos a vosa participación e agardámosvos de novo en setembro. Bo verán!!!
NON ESQUEZADES OS VERSOS DE CELSO EMILIO FERREIRO!!!
NON ESQUEZADES OS VERSOS DE CELSO EMILIO FERREIRO!!!
Deitado frente ao mar...
Lingoa proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque si, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña,
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros.
Falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.
[...]
15.6.12
ENTREGA DE PREMIOS
O EDLG fixo entrega dos premios aos gañadores do Concurso João de Nóvoa nas distintas modalidades. Velaquí os seus nomes:
Concurso literario
- Andrea Cid López.
- Antía Núñez Barrio.
- Adrián Blanco Blanco.
- José Antonio Fernández Álvarez.
- María Losada González.
Concurso de cómics
- Mireia Núñez Docabo.
- Laura Pérez Cid.
Concurso de curtametraxes
- Raquel Souto Janeiro.
13.6.12
CONCURSO JOÃO DE NÓVOA
O EDLG fará a entrega de premios do V Concurso João de Nóvoa na biblioteca o venres 15 no 2º recreo. Agardámosvos!!!
Etiquetas:
concurso,
João de Nóvoa,
premios
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)