30.4.09

RUTAS LITERARIAS POLO MUSEO PROVINCIAL DE LUGO

Tras a lectura do libro Contos do museo, os tres grupos de 2º ESO achegámonos a Lugo. Alí, participamos nesta actividade que nos permitiu coñecer os tesouros que alberga o Museo Provincial.


31.3.09

VISITA AO XORNAL LA REGIÓN

O alumnado de 1º ESO participou nunha visita didáctica ás dependencias do xornal La Región onde recibiron información sobre a elaboración e impresión do xornal.

9.3.09

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O 8 de marzo conmemoramos o Día Internacional da Muller. Confeccionamos unha presentación cunha selección de mulleres galegas relevantes en distintos ámbitos e participamos na actividade SOMOS PERSOAS.

4.3.09

ROTEIRO SAN CIBRÁN DE LAS - MOSTEIRO DE OSEIRA - MUSEO LISTE - PAZO DE TRASALBA


O alumnado de 1º e 2º BAC. participou no roteiro que comezou en San Cibrán de Las, continuou en Oseira e rematou en Trasalba.

26.2.09

DÍA DE ROSALÍA

O 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía. No noso centro conmemorámolo o xoves 26 agasallando un marcapáxinas á comunidade educativa.

20.2.09

O FELO DE MACEDA

O Felo de Maceda, tal como explica Santiago Prol, presenta semellanzas coa indumentaria dos Peliqueiros de Laza e Cigarróns de Verín. Calcetíns de lá brancos, medias negras, ringleiras de borlas de distintas cores, colcha con freques claros arredor do van, rabo de zorro nó alto da mitra, colares varios e caiado como arma intimidatoria. O canónico aconsella pintar na mitra animais ou aves da Serra de San Mamede e non fauna nin motivos alleos.
Propúxoselle ao alumnado de 1º ESO a realización dunha careta. O resultado foron os seguintes traballos.

13.2.09

SMS AMOROSAS

O alumnado de 2º, 3º e 4º ESO realizou mensaxes curtas de amor na semana do 14 de febreiro.


4.2.09

VERBUM: CASA DAS PALABRAS

O alumnado de 3º e 4º ESO visitou o Verbum en Vigo. Alí puideron contemplar a exposición permanente "Palabras sobre palabras" e a exposición temporal "Eduardo Blanco Amor. A ollada do desexo".

19.1.09

LER PARA VIAXAR : INTERCAMBIO CULTURAL CO IES LAGOA DE ANTELA

Os inicios deste intercambio cultural co IES Lagoa de Antela remóntanse ao curso 2006/07. O alumnado de ambos centros, que entón estudaba 4º ESO, comezou a actividade preparando un itinerario para amosar a súa comarca. O intercambio materializouse o ano pasado cunha visita a Maceda e rematou coa nosa viaxe a Xinzo.


15.1.09

REPRESENTACIÓN TEATRAL NOITE DE REIS

Baixo a dirección de Quico Cadaval, o Centro Dramático Galego presentou a peza teatral Noite de Reis. Ou o que queirades de William Shakespeare. O alumnado de 4º ESO e 1º BAC. asistiu á representación teatral celebrada no Salón Teatro de Santiago de Compostela.