25.11.08

25 DE NOVEMBRO

Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller.

Para conmemorar esta data realizouse:

- Unha lectura dramatizada de "Un amor que non mate" de Dulce Chacón, adaptación do texto "Un amor que no mate" realizada por Carme Gómez García, compañeira do IES Lagoa de Antela de Xinzo.

- Unha performance do alumnado de 1º e 2º da ESO

- A instalación de "As vítimas e os zapatos".

- Un mural con todas as vítimas do ano 2008.


31.10.08

O SAMAÍN


O alumnado de 1º e 2º de ESO participou nunha actividade promovida polo ENDL para celebrar a festividade do Samaín.
A actividade consistiu na elaboración dunha descrición dun animal fantástico xunto cunha ilustración e na realización de relatos de medo. Estes traballos foron expostos no taboleiro do ENDL.