15.5.18

LETRAS GALEGAS

O alumnado do IES San Mamede súmase á homenaxe á figura de Mª Victoria Moreno lendo, comentando e realizando diversas producións arredor das obras Leonardo e os fontaneiros, Guedellas de seda e liño e Anagnórise. Así mesmo,  o alumnado de 4º ESO realizou un traballo de investigación consultando  a obra A voz insurrecta (2018) de Monste Penas Presas. Este traballo foi dado a coñecer a través dun tríptico que se expuxo no taboleiro do Equipo e ao que tamén se pode acceder a través dos blogs individuais do alumnado. 

ALUMNADO 4º ESO


11.5.18

CORRELINGUA 2018



O venres 11 de maio, o alumnado de 1º ESO participou no Correlingua, un acto público que ten como obxectivos: propiciar a reflexión sobre a situación da lingua e a importancia de activar accións a prol dela; sensibilizar á sociedade a través da poboación infantil e moza da importancia da defensa da lingua; asociar a reflexión lingüística a actividades colectivas, lúdicas e amenas e interdisciplinares; contribuír a manter vivo o maior patrimonio creado polas galegas e os galegos e implicar as xeracións máis novas no cumprimento deste obxectivo.

23.4.18

DÍA DO LIBRO


Para conmemorar o Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor, o alumnado de 4º ESO confeccionou un vídeo recomendando unha obra literaria. Podedes velos premendo no enderezo dos seus blogs persoais: Lugares con encanto, O barco de papel, Cartas de invernos, Cidades de papelO galego como sentimento, BolboretasO lóstrego, O galego é de todos, Infinidades de palabras,  Episodio Primeiro, Páxina Cero, A liberdade do galegoVoando sen ásO Galego Falante.


21.3.18

COMPOÑER POESÍA



Hoxe, 21 de marzo, conmemórase o Día Mundial da Poesía, e para celebralo o alumnado de 2º ESO compuxo poemas inspirándose nas obras Penúltimas tendencias e Makinaria de Carlos Negro. 

12.3.18

MITOS DO AMOR ROMÁNTICO




Vídeo realizado polo alumnado de 4º ESO na materia de Titoría para desmitificar o ideal romántico do amor. 

22.2.18

DÍA DE ROSALÍA

Para conmemorar o Día de Rosalía, Uxía Oviedo de Dios, alumna de 2º BAC.,  realizou un deseño coa imaxe da autora para a confección dun cartel. Por outra banda, o alumnado de 1º ESO B  e 2º ESO recitou os poemas "Negra sombra" e "Campanas de Bastabales".


Imaxe de Uxía Oviedo de Dios. 2º BAC.




7.2.18

DÍA DA PAZ

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxo ao alumnado a conmemoración do Día Escolar da Non-violencia e a Paz con diferentes actividades. Sabemos que a educación na paz non é labor dun día, senón un camiño que debemos percorrer a diario, por iso aproveitamos a data para reflexionar sobre os principios que deben guiar a convivencia na escola.

1º ESO

1º ESO

       

2º ESO


2º ESO

4º ESO

19.12.17

TARXETAS DE NADAL

O alumnado de 1º ESO realizou unha busca documental sobre distintos personaxes de Nadal para crear unha tarxeta coa que participou no concurso que o Equipo convoca nestas datas. Botádelle unha ollada ás tarxetas que están expostas na entrada do centro.           


ALUMNADO GAÑADOR 1º ESO 

18.12.17

COUSAS

O alumnado de 4º ESO confeccionou, tras a lectura da obra Cousas de Castelao, pequenos relatos inspirándose nesta obra do autor rianxeiro.