22.2.18

DÍA DE ROSALÍA

Para conmemorar o Día de Rosalía, Uxía Oviedo de Dios, alumna de 2º BAC.,  realizou un deseño coa imaxe da autora para a confección dun cartel. Por outra banda, o alumnado de 1º ESO B  e 2º ESO recitou os poemas "Negra sombra" e "Campanas de Bastabales".


Imaxe de Uxía Oviedo de Dios. 2º BAC.




7.2.18

DÍA DA PAZ

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxo ao alumnado a conmemoración do Día Escolar da Non-violencia e a Paz con diferentes actividades. Sabemos que a educación na paz non é labor dun día, senón un camiño que debemos percorrer a diario, por iso aproveitamos a data para reflexionar sobre os principios que deben guiar a convivencia na escola.

1º ESO

1º ESO

       

2º ESO


2º ESO

4º ESO

19.12.17

TARXETAS DE NADAL

O alumnado de 1º ESO realizou unha busca documental sobre distintos personaxes de Nadal para crear unha tarxeta coa que participou no concurso que o Equipo convoca nestas datas. Botádelle unha ollada ás tarxetas que están expostas na entrada do centro.           


ALUMNADO GAÑADOR 1º ESO 

18.12.17

COUSAS

O alumnado de 4º ESO confeccionou, tras a lectura da obra Cousas de Castelao, pequenos relatos inspirándose nesta obra do autor rianxeiro. 


5.11.17

CARTAS DE INVERNO

Velaquí tedes os cómics confeccionados polo alumnado de 2º ESO inspirados en Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz.
             


EVA ALONSO GONZÁLEZ

ALEX SOUTO DE DIOS

NEREA BERMEJO CARBALLO

MARCOS NÚÑEZ FERNÁNDEZ
2º ESO

31.10.17

SAMAÍN

Chega o Samaín e con el o misterio, o medo, o terror. Observade algúns dos personaxes creados polo alumnado de 2º ESO. 









ALUMNADO 2º ESO

8.10.17

ALFABETOS TEMÁTICOS

O alumnado de 1º ESO confeccionou alfabetos temáticos que debían conter  palabras relacionadas con cada un dos campos semánticos que traballaron. Velaquí algúns exemplos:
           


 



6.6.17

LECTURA DRAMATIZADA



O alumnado de 1º ESO B realizou unha lectura dramatizada de As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas e recreou a escenografía da peza teatral confeccionando os personaxes en plastilina.  

1.6.17

A RAPAZA DO CIRCO

Uxía Oviedo de Dios realizou a ilustración do relato "A rapaza do circo" da obra Vento ferido de Carlos Casares.