Baixo o lema "En galego, sen cancelas" celebrouse o Correlingua en Ourense. O alumnado de 1º ESO participou con outros centros da provincia na tradicional andaina para reivindicar o uso da nosa lingua. Tamén asistiu no auditorio á lectura do manifesto gañador e ás actuacións de alumnado do IES O Ribeiro.
O alumnado de 4º ESO A quere render unha homenaxe a mulleres de diferentes ámbitos profesionais para reivindicar a loita pola igualdade no traballo e recoñecer o labor cotián de todas elas.
O alumnado de 1º ESO B realizou o recitado do poema "Os pinos" para conmemorar o centenario da morte de Eduardo Pondal (Ponteceso, 1835-A Coruña, 1917).
Hoxe conmemoramos o Día Escolar da Non-Violencia e a Paz e queremos reivindicar a tolerancia, a cooperación, a solidariedade, o respecto, a non-violencia e a paz no ámbito escolar e na vida.
O alumnado de 1º ESO participou no concurso de tarxetas de Nadal que o EDLG convoca nestas datas. As tarxetas contiñan receitas ilustradas con fotos dos pratos propostos. Velaquí as alumnas gañadoras:
CARLA CABALLERO BARROS (1º ESO A). EVA ALONSO GONZÁLEZ (1º ESO B).
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas designou o 10 de decembro como o Día dos Dereitos Humanos. Velaquí algúns dos traballos realizados polo alumnado dos distintos cursos.