Baixo o lema "En galego, sen cancelas" celebrouse o Correlingua en Ourense. O alumnado de 1º ESO participou con outros centros da provincia na tradicional andaina para reivindicar o uso da nosa lingua. Tamén asistiu no auditorio á lectura do manifesto gañador e ás actuacións de alumnado do IES O Ribeiro.
3.5.17
20.4.17
DÍA DO LIBRO
Para conmemorar o Día do Libro publicamos o bibliotráiler que creou o alumnado de 4º ESO:
Etiquetas:
bibliotráiler,
lecturas,
libros,
recomendacións literarias
8.3.17
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
O alumnado de 4º ESO A quere render unha homenaxe a mulleres de diferentes ámbitos profesionais para reivindicar a loita pola igualdade no traballo e recoñecer o labor cotián de todas elas.
RECITADO "OS PINOS"
O alumnado de 1º ESO B realizou o recitado do poema "Os pinos" para conmemorar o centenario da morte de Eduardo Pondal (Ponteceso, 1835-A Coruña, 1917).
24.2.17
DÍA DE ROSALÍA
O alumnado de 2º ESO B realiza un recitado de poemas de Rosalía de Castro no día que se conmemora o aniversario do seu nacemento.
Etiquetas:
2º ESO,
Día Rosalía,
poemas,
recitado,
Rosalía de Castro
30.1.17
21.12.16
NADAL GASTRONÓMICO
O alumnado de 1º ESO participou no concurso de tarxetas de Nadal que o EDLG convoca nestas datas. As tarxetas contiñan receitas ilustradas con fotos dos pratos propostos. Velaquí as alumnas gañadoras:
CARLA CABALLERO BARROS (1º ESO A).
EVA ALONSO GONZÁLEZ (1º ESO B).
10.12.16
DÍA DOS DEREITOS HUMANOS
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas designou o 10 de decembro como o Día dos Dereitos Humanos. Velaquí algúns dos traballos realizados polo alumnado dos distintos cursos.
Etiquetas:
conmemoración,
Dereitos Humanos
25.11.16
DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER






O alumnado de 4º ESO A quere compartir os carteis que confeccionou para conmemorar o 25N e rexeitar calquera tipo de violencia contra a muller:
ASASINATOS
AGRESIÓN FÍSICA
VIOLACIÓN
ABUSO SEXUAL
AMEAZAS
BERROS
INSULTOS
ACOSO
HUMILLACIÓNS
VEXACIÓNS
DESPREZOS
CHANTAXE EMOCIONAL
MENOSPREZO
HUMOR SEXISTA
CONTROL
PUBLICIDADE SEXISTA
DOMINACIÓN
ANULACIÓN
LINGUAXE SEXISTA
Etiquetas:
25N,
conmemoración,
machismo,
violencia
31.10.16
CHEGA O SAMAÍN!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






