Un ano máis asistimos con outros centros da provincia ao Correlingua. Para celebrar o seu décimo quinto aniversario acompañounos Xurxo Souto como presentador, un pracer escoitalo. Asistimos tamén á proxección dos 15 anos do Correlingua, á lectura do Manifesto por un grupo de alumnado do colexio Malvedo, á proxección do vídeo gañador do concurso e á actuación do grupo musical Monoulious D.O.P. A continuación percorremos varias rúas da cidade ata reunírmonos na Praza Maior, alí entregáronse os premios ás mellores pancartas e gozamos cos xogos que nos propuxo o alumnado do TAFAD do CIFP A Farixa.
13.5.15
OLLOS DE AULA Nº 21
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua Galega publica o número 21 da revista Ollos de aula. Nela atoparedes dezasete cousas que podemos facer pola lingua o 17 de maio e o resto do ano.
Etiquetas:
dinamización,
normalización,
ollos de aula,
revista
12.5.15
O MEU LIBRO PREFERIDO
Para conmemorar o Día do Libro e mais as nosas Letras, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxo ao alumnado de 1º ESO a realización dun vídeo recomendando un libro. Velaquí as súas propostas.
10.5.15
XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE
O Equipo de Dinamización da Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propóñenvos afondar na figura do homenaxeado nas Letras. Como? Acudindo á biblioteca para consultar os carteis gañadores do Concurso-Exposición Letras Galegas 2015 e buscando a resposta ás preguntas que vos propoñemos neste formulario.
Etiquetas:
letras,
Xosé Filgueira Valverde
9.5.15
DÍA DE EUROPA
1º ESO A |
Co obxectivo de conmemorar o Día de Europa, de contribuír á normalización da
nosa lingua e de facer visibles os profesionais da tradución, o alumnado de
1º ESO A confeccionou un mapa de Europa cunha selección de autores e obras europeas traducidas ao
galego.
Etiquetas:
Europa,
mapa,
normalización,
tradución
5.5.15
MES DAS LETRAS
Comeza o mes das Letras! Xosé Filgueira Valverde é este ano o autor homenaxeado. Aquí tedes algunhas páxinas onde podedes atopar información sobre a súa figura:
Museo de Pontevedra
Fundación Filgueira Valverde
Real Academia Galega
Xosé Filgueira Valverde. Exposición no Museo de Pontevedra (Vídeo).
Etiquetas:
letras,
Xosé Filgueira Valverde
28.4.15
QUE SE VEXA! O GALEGO

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) proponnos o lema QUE SE VEXA! O GALEGO, "e así utilizalo para darlle protagonismo á nosa lingua e para destacar que os actos programados arredor das LETRAS se centran en visibilizar unha lingua viva e rica válida para todos os ámbitos e situacións".
Para ler a proposta completa premede no lema.
19.3.15
OLLOS DE AULA Nº 20
A Coordinadora Galega de Equipos de normalización e Dinamización Lingüística envíanos o número 20 da revista Ollos de aula e dinos que "no presente número a psicopedagoga Lines Salgado achéganos á mediación escolar; Pilar Sampedro, docente e membro da Asesoría de bibliotecas escolares da Consellería de Educación, analiza o papel que debe xogar a familia na iniciación á lectura; a pregunta desta entrega se centra en "Como detectar un trastorno da conduta alimentaria?". Gracia Santórum preséntanos interesantes propostas literarias, musicais e de ocio. A contracapa convídanos a reflexionar sobre a estigmatización do modelo da fala dos galegofalantes que, ás veces, cometemos os propios docentes co noso "bolígrafo vermello".
Etiquetas:
coordinadora,
familias,
normalización,
revista
8.3.15
DÍA DA MULLER
“Princesa (contra) Disney”

agochados no colchón
como se fosen balas.
Arrinco o vestido de seda.
Íspome e pego un berro
que escacha as porcelanas.
O cabelo longo semella atadura.
(As tesoiras fanme menos escrava).
Fuxo da torre.
Da mazá envelenada
da obediencia.
Fendo os ferrollos.
Pelo curto,
lingua solta.
Respiro fondo,
corro descalza.
Comezo a alancar
cara a esa gándara
máis alá dos espellos.
(Vaime volvendo a voz
que perdín en palacio).
Penúltimas tendencias. Carlos Negro
Etiquetas:
8 marzo,
conmemoración,
igualdade,
muller
7.3.15
MANIFESTO CONTRA A VIOLENCIA
Avance e progreso na sociedade actual? Nós, dicimos non! Unha sociedade avanzada non permite nin tolera a agresión a unha persoa. Queremos dicir basta! Basta a unha sociedade hipócrita! Definímonos como sabios, hommo sapiens, pero sómolo realmente?
Diferenciámonos dos animais pola nosa capacidade de razoamento, pero unha persoa que maltrata a outra ata incluso causarlle a morte, merece ese cualificativo? Non! Abride os ollos, nós querémosvolos abrir! Facervos comprender que a nosa sociedade non debería tolerar a agresión, a humillación, o acoso ou o asasinato de ningunha persoa.
Basta desta hipocrisía, erguede a cabeza e mirade o que está a pasar. Loitade para que cambie e despois poder dicir orgullosos/as que vivimos nunha sociedade avanzada e progresista que deixou atrás calquera tipo de machismo. Cando a violencia contra a muller desapareza, poderémonos considerar realmente sabios.
ANDREA CID LÓPEZ (4º ESO A).
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)