12.12.11

VACACIÓNS LECTORAS

O EDLG deseñou e editou, en colaboración co Equipo de Dinamización da Biblioteca, dous itinerarios lectores para ESO e BAC. e CICLOS destinados a promocionar a lectura no Nadal.



11.12.11

AS CRUCES DE PEDRA NA CONTORNA

Inspirándose na obra As cruces de pedra na Galiza de Castelao, o alumnado de 4º ESO fotografou os cruceiros da contorna. A continuación vemos unha pequena selección de fotografías.


28.11.11

DO CASO QUE LLE ACONTECEU AO DOUTOR ALVEIROS



Tras a lectura e traballo do relato de Vicente Risco  "Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros", as alumnas e alumnos de 1º ESO asistimos a unha interesante charla sobre a cultura exipcia impartida pola exiptóloga Mª Eugenia Muñoz Fernández.

25.11.11

NON, Á VIOLENCIA MACHISTA

Co gallo do 25 de novembro, o EDLG proxectou a campaña audiovisual “Non, á violencia machista”.  O alumnado de 1º ESO recolleu o nome do alumnado, profesorado e persoal non docente do Centro para realizar esta presentación, na que coa presenza dos nosos nomes queremos condenar a violencia contra as mulleres.



31.10.11

RELATOS DE MEDO NO SAMAÍN

 



No Samaín, o alumnado de 2º ESO buscou lendas sobre a morte e o demo; procurou información sobre esta festividade e sobre a Santa Compaña e posteriormente confeccionou relatos de medo.

16.10.11

BENVIDA


Retomamos este proxecto despois de deternos un tempo. Vimos con azos renovados para continuar servindo de canle de difusión das vosas actividades e traballos, e seguir pelexando pola normalización da nosa lingua, por iso, se queredes acompañarnos: BENVIDOS/AS.


                "Lingoa proletaria do meu pobo
                 eu fáloa porque si, porque me gosta,
                 porque me peta e quero e dame a gaña,
                 porque me sai  de dentro, alá do fondo..."


                                                             Celso Emilio Ferreiro

17.6.10

ACTUACIÓN DE CÁNDIDO PAZÓ


O luns 14 de xuño, o alumnado do centro asistiu ao espectáculo "O falar non ten cancelas" do actor e contacontos Cándido Pazó. Con este espectáculo concluíron as actividades que o ENDL programou para este curso.

22.5.10

OBSEQUIO LETRAS GALEGAS


Como outros anos, co gallo das Letras Galegas, o ENDL entregou á comunidade educativa un obsequio. Nesta ocasión cun caligrama confeccionado polo alumnado. A actividade desenvolveuse conxuntamente con outros centros.


19.5.10

lll CONCURSO JOAO DE NÓVOA


A entrega de premios do III Concurso Joao de Nóvoa enmárcase dentro das actividades organizadas para conmemorar as Letras Galegas 2010. Este concurso está destinado a todo o alumnado do centro e ao de 6º de Primaria dos centros adscritos.

(6º PRIMARIA)

Prosa:
-Raquel Estévez Prado: “A inmigrante”.
-Rocío García Mojón: “Melanie”.

(1ºESO)

Poesía:
-Cristina Otero Mangana: “A vida”.
-Brais Rodríguez Mangana: “A túa cara”.

Prosa:
-Xiana Conde Alonso: “O xigante do San Mamede”.
-Pablo Iglesias Limia: “Nun planeta moi afastado”.


(2ºESO)

Poesía:
-José Manuel Quiroga Moutién: “Ollos de amor”.
-Martín Köster Escalada: “Emigrantes”.

Prosa:
-María Losada González: “Son do monte!”.
-Madalina Ionela Pirghie: “O neno mosca”.

(3ºESO)

Prosa:
-Álvaro Souto Janeiro: “Todos xuntos facemos máis”.

(1ºBAC)

Poesía:
-Nancy Feijoo Pato: “Eva”.



4.5.10

CORRELINGUA


O alumnado de 1º ESO participou activamente na tradicional carreira pola lingua. A actividade vén desenvolvéndose dende o curso 2000-2001 en distintas vilas galegas. Este ano celebrouse baixo o lema "Galego, a forza do noso amor". Miles de rapaces, en toda Galicia, amosaron o seu compromiso na defensa da lingua e reclamaron o dereito a medrar en galego.