O escritor Francisco Castro visitou o noso centro. Compartiu co alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO unha interesante charla na que falou sobre as obras lidas neste trimestre: Chamádeme Simbad, O ceo dos afogados e Un bosque cheo de faias.
7.4.10
18.2.10
IMOS DE ENTROIDO
O alumnado de 1º ESO deseñou unha plana dun cómic coa figura típica do entroido de Maceda como protagonista. Posteriormente fíxose unha exposición con todos os traballos realizados.
12.2.10
BICOS LITERARIOS
Aproveitamos a celebración do 14 de febreiro para realizar unha tarxeta de felicitación coa recomendación dunha obra literaria de amor. Son os nosos Bicos Literarios, unha pequena contribución do alumnado para fomentar a lectura entre os compañeiros/as. Dámoslle continuidade así ao Nadal Literario, actividade realizada coa mesma finalidade.
29.1.10
O MURO DOS DESEXOS
19.1.10
VISITA DIDÁCTICA AO XORNAL LA VOZ DE GALICIA
Como complemento ao estudo do xornal na aula, o alumnado de 1º ESO realizou unha visita ás instalacións de La Voz de Galicia no polígono de Sabón na Coruña. Realizaron un percorrido polas instalacións onde lles explicaron o proceso de realización dun xornal. A visita rematou no Museo da Prensa, alí puideron observar exemplares de xornais e máquinas de produción periodística doutras épocas. O grupo foi felicitado pola súa atención, participación e bo comportamento. No propio xornal publicouse unha crónica da visita á que se pode acceder premendo na fotografía.
Ao rematar a visita desprazámonos ata a praia de Sabón, alí comemos e demos un pequeno paseo á beira do mar.
22.12.09
NADAL LITERARIO
CALENDARIO 2010
Como é tradición nos últimos anos, o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística agasallou a toda a Comunidade Educativa cun calendario do ano novo. O deseño foi realizado pola alumna Melisa Santiago Nieto.
25.11.09
CONMEMORACIÓN DO 25 DE NOVEMBRO
Varias foron as actividades que realizou o alumnado para conmemorar o Día Internacional da Non Violencia contra a Muller. Confeccionaron pastchworks e carteis con mensaxes positivas, elaboraron lazos solidarios e realizaron unha exposición fotográfica co título "NON á violencia machista".
30.10.09
CREANDO HISTORIAS
A actividade foi promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración con A Nosa Terra.
Etiquetas:
Anxo Fariña,
autor,
encontro,
Os Megatoxos
6.10.09
REPRESENTACIÓN TEATRAL COMEDIA BÍFIDA
O alumnado de 1º e 2º BAC. asistiu hoxe, no Auditorio de Ourense, á posta en escena de Comedia bífida, unha montaxe da compañía Nobicarelo Teatro baseada na obra homónima de Manuel Núñez Singala.
Na peza téntanse desmontar algúns dos prexuízos que se asocian ao uso do galego. É unha mágoa que a montaxe non fose quen de reflectir a verdadeira esencia da comedia de Singala e se desvirtuase o seu auténtico sentido recorrendo ao chiste fácil.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)