19.6.25

CAMPAÑA DE FOMENTO DO GALEGO NO COMERCIO LOCAL 2025

Os carteis de sobremesa chegan aos establecementos da comarca da man do alumnado do IES San Mamede. 





 



 















 





22.5.25

CAMPAÑA DE FOMENTO DO GALEGO NO COMERCIO LOCAL

 O alumnado de 3º ESO entregou  un cartel de sobremesa coa lenda "Aquí, en galego" nos distintos establecementos da vila de Maceda.

21.5.25

AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO

Sumámonos á campaña Aquí tamén se fala galego do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Rafael Dieste da Coruña para contribuír a espallar a nosa lingua nos establecementos da contorna. 









CORRELINGUA 2025

 Baixo o lema "A mocidade activa por unha lingua viva", o alumnado de 1º ESO participou nunha nova edición do Correlingua con outros centros de ensino da provincia. Alumnas e alumnos asistiron ao concerto do grupo John Deeres, percorreron diversas rúas do centro de Ourense nunha andaina a prol da lingua e remataron desfrutando con divertidos xogos.





17.5.25

LETRAS GALEGAS 2025

Partindo do traballo realizado pola Real Academia Galega, O cantar que nunca acaba, o alumnado de 1º ESO imitou o deseño orixinal. Preguntou aos seus achegados unha cantiga popular, seleccionou unha palabra da composición e realizou unha fotografía relacionada con ela.   

     
       
    

     

24.3.25

SEMANA DA PRENSA

Na Semana da Prensa na escola, aproveitamos para publicar algunhas noticias confeccionadas polo alumnado de 1º ESO.