O alumnado de 1º ESO felicita o Nadal cunha postal que inclúe un ser mítico galego. Velaquí unha pequena escolma.
20.12.24
28.11.24
G.P.A (GALEGO PARA ADOLESCENTES)
O alumnado de 1º e 2º de bacharelato asistiu hoxe á conferencia-espectáculo de Avelino González.
Un espectáculo sobre a lingua! Para todas as idades!
Un tratado de filoloxía emotiva.
Unha sesión de psicoloxía lingüística.
Un enredo sobre a morfoloxía e a sintaxe.
Un titorial de como usar a lingua. (Oral)
31.10.24
ALFABETO DOS SERES MÍTICOS
Coa chegada do Samaín, o alumnado de 1º ESO consultou o Dicionario dos seres míticos galegos de Xoán R. Cuba, Antonio Reigosa e Xosé Miranda para facer unha selección e confeccionar un alfabeto. Velaquí unha pequena mostra:
24.6.24
OBRADOIRO "DESATA A LINGUA"
María Lado, poeta, actriz e xornalista, impartiu un obradoiro ao alumnado de 2º ESO no que reflexionou sobre a situación do galego na contorna familiar e social, puxo en común ideas para mellorar o uso da lingua e propuxo lemas e puntos reivindicativos para o manifesto colectivo do Correlingua 2025.
![]() |
3.6.24
LETRAS GALEGAS 2024
Tomando como modelo o traballo realizado pola Real Academia Galega, Palabras de Luísa Villalta, o alumnado de 4º ESO seleccionou un poema da autora, unha palabra relevante na composición, buscou o significado e imitou o deseño orixinal.
17.5.24
LETRAS GALEGAS 2024
sobrevive da podremia mutua
e só precisa das fiestras abertas
onde nace e se deita o sol de dentro.
Compartir as cordas de tender a roupa
vibrantes de emoción e de necesidade
por aquelas cousas que a auga da vida
non dá lavado, pola dor que as esfrega
deteriora, volve inúteis
e entón hai que poñelas a secar
ao ar das bocas abertas, xanelas asustadas.
Non é amor no sentido estrito da palabra
senón amor de luz, esa grande indiferencia
que produce estar ao alcance
porta con porta, vida con vida,
coas cordas frouxas, destensadas
máis e máis a medida que a auga do tempo
amolece o tecido irreversíbel
destes corpos nosos, o único que somos.
Luísa Villalta. Papagaio (2006)
15.5.24
CORRELINGUA
O alumnado de 1º ESO participou hoxe nunha xornada festiva con outros centros de ensino para reivindicar e fomentar a lingua galega. Alumnas e alumnos asistiron ao concerto de Mekánika Rolling Band, percorreron diversas rúas do centro de Ourense nunha andaina a prol da lingua e remataron desfrutando con divertidos xogos.
1.5.24
AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO
O IES San Mamede súmase á iniciativa de dinamización da lingua galega promovida polo IES Rafael Dieste da Coruña.
O alumnado de 4º ESO visitou o concello, o centro de saúde, a biblioteca e os diferentes establecementos de Maceda onde colocou un cartel do instituto para fomentar o uso da lingua galega. Tamén fixo unha fotografía entregando o cartel.
30.4.24
LETRAS GALEGAS 2024
![]() |
LUÍSA VILLALTA |
Recursos educativos sobre Luísa Villalta:
Letras Galegas 2024. Real Academia Galega
Primavera das Letras. Real Academia Galega
Luísa Villalta. Consello da Cultura Galega
Seminario Galán. Día das Letras Galegas
Vida e obra de Luísa Villalta en vídeo. 5º EP Colexio San Pío X (Ourense).
23.4.24
DÍA DO LIBRO
Conmemoramos este día fundíndonos coa cuberta dun libro. Estas orixinais fotografías son o resultado.
21.4.24
CERTAME LITERARIO
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega convoca unha nova edición do concurso literario João de Nóvoa.
23.2.24
30.1.24
28.1.24
ARQUITECTURA TRADICIONAL
O especialista en hórreos, Arturo Fernández Araújo, visitou o centro esta semana e impartiu unha charla ao alumnado de 1º ESO. O divulgador, que tivo como profesor ao etnógrafo Xaquín Lorenzo "Xocas", achegou fotografías e maquetas destas construcións e explicou ás alumnas e alumnos algúns dos seus nomes: cabaceiros, hórreos, canastros ou cacipos. Tamén disertou sobre os distintos tipos, as súas partes, os elementos ornamentais, a localización, usos e clases de millo e procedencia.