23.11.12
SOBRE IGUALDADE

O diario violeta de Carlota (2011) publicado pola editorial Galaxia na colección Costa Oeste forma parte dunha triloxía escrita por Gemma Lienas. Carlota, unha rapaza adolescente, comeza a escribir un diario onde vai anotando todas as situacións discriminatorias contra a muller que percibe ao seu arredor a través das súas lentes violetas.
Fina Casalderrey desenvolve en Ola,
estúpido monstro peludo (2007) o tema da violencia contra a
muller. A obra, publicada pola editorial Galaxia na colección Árbore, está destinada a lectores a partir de dez anos e nela a protagonista, aínda no útero da nai, ve como o pai se converte nun
monstro peludo que enche a casa de prohibicións e ameazas que aterran a súa nai.
Etiquetas:
conmemoración,
igualdade,
machismo,
muller,
violencia
15.11.12
NOVELA POLICIAL
Continuamos coa Campaña Lecturas Temáticas e achegamos, nesta ocasión, unha selección de lecturas de temática policial.
"A novela policial é un xénero narrativo onde a trama consiste xeralmente na resolución dun misterio de tipo criminal. O protagonista na novela policial é normalmente un policía ou un detective, habitualmente recorrente ao longo de varias novelas do mesmo autor, que, mediante a observación, a análise e o razoamento dedutivo, consegue finalmente descubrir como, onde, por que se produciu o crime e quen o perpetrou.
Está xeralmente aceptado que, aínda que os seus antecedentes se remontan máis atrás no tempo, o xénero policial como tal naceu no século XIX da man de Edgar Allan Poe, ao crear ao detective Auguste Dupin no seu relato Os crimes da Rúa Morgue". http://www.bne.es
Etiquetas:
campañas,
lecturas temáticas,
novela policial
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)