Tras a lectura e traballo do relato de Vicente Risco "Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros", as alumnas e alumnos de 1º ESO asistimos a unha interesante charla sobre a cultura exipcia impartida pola exiptóloga Mª Eugenia Muñoz Fernández.
25.11.11
NON, Á VIOLENCIA MACHISTA
Co gallo do 25 de novembro, o EDLG proxectou a campaña audiovisual “Non, á violencia machista”. O alumnado de 1º ESO recolleu o nome do alumnado, profesorado e persoal non docente do Centro para realizar esta presentación, na que coa presenza dos nosos nomes queremos condenar a violencia contra as mulleres.
31.10.11
RELATOS DE MEDO NO SAMAÍN
No Samaín, o alumnado de 2º ESO buscou lendas sobre a morte e o demo; procurou información sobre esta festividade e sobre a Santa Compaña e posteriormente confeccionou relatos de medo.
16.10.11
BENVIDA
Retomamos este proxecto despois de deternos un tempo. Vimos con azos renovados para continuar servindo de canle de difusión das vosas actividades e traballos, e seguir pelexando pola normalización da nosa lingua, por iso, se queredes acompañarnos: BENVIDOS/AS.
Celso Emilio Ferreiro
"Lingoa proletaria do meu pobo
eu fáloa porque si, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña,
porque me sai de dentro, alá do fondo..."
Celso Emilio Ferreiro
17.6.10
ACTUACIÓN DE CÁNDIDO PAZÓ
O luns 14 de xuño, o alumnado do centro asistiu ao espectáculo "O falar non ten cancelas" do actor e contacontos Cándido Pazó. Con este espectáculo concluíron as actividades que o ENDL programou para este curso.
Etiquetas:
cándido pazó,
contacontos,
letras
22.5.10
OBSEQUIO LETRAS GALEGAS
19.5.10
lll CONCURSO JOAO DE NÓVOA
A entrega de premios do III Concurso Joao de Nóvoa enmárcase dentro das actividades organizadas para conmemorar as Letras Galegas 2010. Este concurso está destinado a todo o alumnado do centro e ao de 6º de Primaria dos centros adscritos.
(6º PRIMARIA)
Prosa:
-Raquel Estévez Prado: “A inmigrante”.
-Rocío García Mojón: “Melanie”.
(1ºESO)
Poesía:
-Cristina Otero Mangana: “A vida”.
-Brais Rodríguez Mangana: “A túa cara”.
Prosa:
-Xiana Conde Alonso: “O xigante do San Mamede”.
-Pablo Iglesias Limia: “Nun planeta moi afastado”.
(2ºESO)
Poesía:
-José Manuel Quiroga Moutién: “Ollos de amor”.
-Martín Köster Escalada: “Emigrantes”.
Prosa:
-María Losada González: “Son do monte!”.
-Madalina Ionela Pirghie: “O neno mosca”.
(3ºESO)
Prosa:
-Álvaro Souto Janeiro: “Todos xuntos facemos máis”.
(1ºBAC)
Poesía:
-Nancy Feijoo Pato: “Eva”.
4.5.10
CORRELINGUA
O alumnado de 1º ESO participou activamente na tradicional carreira pola lingua. A actividade vén desenvolvéndose dende o curso 2000-2001 en distintas vilas galegas. Este ano celebrouse baixo o lema "Galego, a forza do noso amor". Miles de rapaces, en toda Galicia, amosaron o seu compromiso na defensa da lingua e reclamaron o dereito a medrar en galego.
13.4.10
VISITA DIDÁCTICA A CELANOVA
Hoxe, as alumnas e alumnos de 3º e 4º ESO, fixemos unha visita a Celanova. Alí, guiados por Paula, coñecemos a Casa dos Poetas, o Mosteiro de San Rosendo e a biblioteca do IES de Celanova. Fixemos parte da ruta currosiana, detivémonos en Penalta e en Einibó, onde lemos os poemas de Curros: "O gaiteiro de Penalta" e "Unha voda en Einibó". Xantamos en Celanova e, pola tarde, achegámonos a ver a Virxe do Cristal e Vilanova dos Infantes. Nesta vila detivémonos diante da casa de Méndez Ferrín e visitamos o Centro Comarcal. Ao longo de todo o percorrido lemos distintos poemas de Curros, Celso Emilio Ferreiro e Méndez Ferrín.
Etiquetas:
Celso Emilio,
Curros Enríquez,
Ferrín
7.4.10
VISITA DE FRANCISCO CASTRO
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

