31.5.17

A RAPAZA DO CIRCO

Lucía González Iglesias, alumna de 1º BAC., realizou este fermoso vídeo de animación sobre o relato "A rapaza do circo" da obra Vento ferido de Carlos Casares.


Antía Lage Fernandes, alumna de 1º BAC., preséntanos outra interesante proposta sobre o mesmo relato de Carlos Casares.


30.5.17

CARLOS CASARES. VENTO FERIDO

O alumnado de 1º BAC. confeccionou vídeos sobre algúns dos relatos da obra Vento ferido de Carlos Casares. Premede nas imaxes e poderedes acceder as súas creacións:
"O outro verán". Helena Losada González

"A tronada". María Prol González

"A rapaza do circo". Uxía Oviedo de Dios


"Cando cheguen as chuvias". Emma Fariñas Cabo

"A tronada". Iria Carrera Doval
"O xogo da guerra". Paula Bouzo Gómez
"A rapaza do circo". Estela Expósito Salgado

24.5.17

NÓS TAMÉN EXISTIR


Por unha igualdade real entre mulleres e homes! 
É o berro do grupo 4º ESO A.

23.5.17

PREMIOS X CONCURSO LITERARIO JOÃO DE NÓVOA


Alumnado premiado na categoría de 6º de Educación Primaria nas modalidades de relato curto e poesía:

Alba Estévez Prado. CEIP de Maceda
María Adelaida Souto Novas. CEIP de Baños de Molgas
Rubén Vázquez Cid. CEIP Plurilingüe de Vilar de Barrio



Alumna premiada na categoría de ESO na modalidade de poesía:
Gemma Cid Ferreiro. 4º ESO

Parabéns!

16.5.17

HIMNO GALEGO

Na véspera do Día das Letras Galegas, o alumnado de 2º ESO e a profesora Cristina Asenjo ofreceron no Salón Rosalía de Castro unha emotiva interpretación instrumental do himno galego con frauta doce, xilófono e piano. A continuación, deleitáronnos coa interpretación vocal da composición. Lembremos que este ano se conmemora o centenario do falecemento de Eduardo Pondal, autor do poema "Os pinos". 




9.5.17

CARLOS CASARES

O alumnado de 4º ESO realizou unha busca e selección de información en rede para confeccionar un tríptico sobre o escritor Carlos Casares. Este pequeno traballo de investigación foi compartido polo alumnado nos seus blogs persoais e no taboleiro do Equipo. Achegamos, como exemplo, o tríptico realizado por Lucas Suárez Díaz.



7.5.17

CREBACABEZAS

Preme sobre a imaxe e poderás facer un crebacabezas de vinte pezas.


Carlos Casares retratado por Ricardo Grobas. http://fundacioncarloscasares.org/fotografias/

4.5.17

LETRAS GALEGAS 2017

Vento ferido. Ilustración de Xulio Maside

Comezamos maio, mes das Letras,  coa publicación dalgúns recursos didácticos sobre o autor homenaxeado

Carlos Casares IES Lagoa de Antela.

Telexornal sobre Carlos Casares realizado polo CPI DOS DICES (ROIS).

Liña do tempo da Fundación Carlos Casares. 

3.5.17

CORRELINGUA 2017



Baixo o lema "En galego, sen cancelas" celebrouse o Correlingua en Ourense. O alumnado de 1º ESO participou con outros centros da provincia na tradicional andaina para reivindicar o uso da nosa lingua. Tamén asistiu no auditorio á lectura do manifesto gañador e ás actuacións de alumnado do IES O Ribeiro.