Amosando publicacións coa etiqueta toponimia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta toponimia. Amosar todas as publicacións

21.11.23

TOPONIMÍZATE 2023

 

 

No día de hoxe, o alumnado de 3º e 4º ESO participou nunha charla sobre toponimia que se enmarca dentro do  programa de promoción da lingua galega Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra. 

Vicente Feijoo Ares, coordinador da Unidade Técnica de Toponimia da Real Academia Galega (Seminario de Onomástica) e coordinador técnico do proxecto colaborativo Galicia Nomeada (Xunta de Galicia-Real Academia Galega), disertou sobre a riqueza toponímica de Galicia e sobre a toponimia como patrimonio inmaterial que esmorece cando se abandonan as tarefas agrícolas, as aldeas quedan deshabitadas, falecen as persoas maiores ou medran as vilas e cidades. Falou tamén do nacemento dun proxecto colaborativo chamado Galicia Nomeada para protexer e difundir esta herdanza cultural, das utilidades prácticas da información toponímica, así como da orixe e significado dos topónimos maiores do concello de Maceda. 














 



28.5.09

INTERCAMBIANDO TOPONIMIA E VISIBILIZÁNDOA

Durante este curso desenvolvemos a actividade “Intercambiando toponimia e visibilizándoa”, conxuntamente cos ENDL do IES Abrente de Ribadavia, IES Xulio Prieto Nespereira de Ourense, IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia e os diferentes departamentos de Lingua Galega e Literatura. O proxecto consistiu en confeccionar camisetas cun deseño común a partir dun traballo de microtoponimia das diferentes bisbarras. O obxectivo era coñecer, valorar e facer visible a nosa riqueza toponímica; propiciar o intercambio de coñecementos, potenciar a creatividade e empregar as TIC. Este traballo permitiu ao alumnado coñecer a orixe dos topónimos e observar a relación entre estes e o contorno, apreciando as alteracións no medio. Mesmo puideron descubrir como lugares afastados comparten nomes.