24.2.14

RECITANDO A ROSALÍA

Para celebrar o Día de Rosalía, alumnos e alumnas de 2º ESO C participaron na lectura de poemas da autora na biblioteca do centro. 





18.2.14

TODAS CON ROSALÍA




Dende a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega facilítannos a ligazón da segunda parte do vídeo "Todas con Rosalía". En palabras do Consello Directivo da AELG: "Nesta ocasión un grupo de escritoras galegas dá vida a Rosalía nun  vídeo colectivo no que teñen cabida palabras e músicas de mulleres, nenas, mozas e vellas. Mulleres falando de mulleres, e ao tempo, falando de todos e para todos nós, falando dos que aquí e agora sofren, seguindo o exemplo de conciencia e rebeldía da grande escritora ao recitar os seus versos desde o presente. 
As gravacións amateurs foron montadas e editadas pola cineasta Raquel Rei. Participan, entre moitas outras, Marta Dacosta, María Canosa, Concha Blanco, Mercedes Leobalde, Berta Roca, Fina Casalderrey, Isabel Risco, Lorena Souto, Pilar García Negro".


9.2.14

OLLOS DE AULA NO CENTRO





Ollos de aula, a revista da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, ocupa un lugar relevante no centro. Podedes atopala na biblioteca e na sala de espera destinada ás familias. 

5.2.14

OLLOS DE AULA Nº12

Neste número, segundo di o CGENDL, "preguntámonos, da man de Mª Montserrat Castro Rodríguez (profesora da Facultade de CC.EE. da UdC), se os nenos e as nenas teñen unha idade para comezar a ler, e tamén polo uso do teléfono móbil no contexto escolar e familiar grazas a José Raposeiras Correa (Catedrático de Ensino Secundario e Doutor pola UVigo), que nos achega unhas conclusións de grande interese. Na sección "Palabras do ensino", de Lines Salgado, é a quenda das "reválidas" recuperadas pola LOMCE, mentres que Gracia Santórum non falta á súa cita con gorentosas propostas literarias e musicais".