Nunha nova campaña de promoción da lingua galega no comercio local, o alumnado de 3º ESO repartiu fitas adhesivas coa mensaxe "Apégate ao galego".
Blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Mamede
Nunha nova campaña de promoción da lingua galega no comercio local, o alumnado de 3º ESO repartiu fitas adhesivas coa mensaxe "Apégate ao galego".
O alumnado de 1º ESO acudiu hoxe á festa do Correlingua e participou nas actividades que se desenvolveron no auditorio, na andaina para promover a lingua entre a mocidade e nos xogos que tiveron lugar na Praza Maior de Ourense.
Presentamos o podcast que realizamos en Radio Son 16.18, a radio do IES San Mamede, do texto teatral Uuu-uuu Begoña (Teatro para infancia) que sobre a autora homenaxeada nas Letras Galegas 2026 escribiu An Alfaya e ilustrou Laura Romero.
![]() |
| Mitos e Lendas |
Baixo o lema "Co galego no corazón, facemos revolución" chega a vixésimo sexta edición
do Correlingua. Preme na ligazón para acceder ao Manifesto Correlingua 2026
Co gallo do Día do Libro publicamos as producións realizadas polo alumnado de 1º e 4º ESO.
![]() |
| Poemas inspirados na obra O meu gato é un poeta |
![]() |
| Relatos que imitan as Cousas de Castelao |