14.12.20

POSTAIS DE NADAL

Este ano,  a saúde tamén protagoniza as nosas postais de Nadal. O alumnado felicita as festas co desexo de que a saúde nos acompañe e lembran a necesidade de continuar respectando as normas.

 


 






4.12.20

RECEITAS DE NADAL

O alumnado recolleu receitas de diferentes pratos e sobremesas que se fan nas súas casas cando chega o Nadal. 

 




Máis receitas

27.11.20

CORRELINGUA 2020

O 27 de novembro, o alumnado de 1º ESO asistiu  á actuación de AldaoLAdo que foi emitida dende o IES As Lagoas de Ourense. Celebramos co lema "Vinte coa lingua!" a vixésima edición do Correlingua. Cúmprense vinte anos reclamando o dereito a usar a lingua propia. 

 



 




25.11.20

NON É NORMAL

O alumnado de 1º ESO reflexiona sobre situacións e actitudes que sofren as mulleres e que non son normais. 

 

12.11.20

ALFABETOS DA SAÚDE

Nun curso marcado por unha pandemia que modificou o noso día a día no centro, o alumnado de 1º ESO deseñou un alfabeto que ten como tema central a saúde, en concreto, recolle léxico relacionado co coronavirus.

   

 


 


 

    



31.10.20

POSTAL DE SAMAÍN

O alumnado de 1º ESO confeccionou unha postal para felicitar o Samaín que recolle léxico de medo e información de como celebraban os celtas esta festividade.  

  









12.5.20

RICARDO CARVALHO CALERO

Imaxe: 

Carballo Calero, dunha foto con Cunqueiro e Fernández del Riego en Santiago de Compostela, Wikipedia,  CC 0 1.0 Universal 


Recursos didácticos sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas

8.5.20

LÉXICO CORONAVIRUS

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames fai unha recomendación para usar con xeito algunhas palabras que viñeron canda o coronavirus.



3.5.20

O MAIO






"O maio", poema de Aires da miña terra de Manuel Curros Enríquez, versionado por Luis Emilio Batallán.