22.5.26

CAMPAÑA DE FOMENTO DA LINGUA GALEGA NO COMERCIO LOCAL 2026

 

Nunha nova campaña de promoción da lingua galega no comercio local, o alumnado de 3º ESO repartiu fitas adhesivas coa mensaxe "Apégate ao galego"

















20.5.26

CORRELINGUA ll

O alumnado de 1º ESO acudiu hoxe á festa do Correlingua e participou nas actividades que se desenvolveron no auditorio, na andaina para promover a lingua entre a mocidade e nos xogos  que tiveron lugar  na Praza Maior de Ourense. 








19.5.26

PODCAST UUU-UUU BEGOÑA

Presentamos o podcast que realizamos en Radio Son 16.18, a radio do IES San Mamede, do texto teatral Uuu-uuu Begoña (Teatro para infancia) que sobre a autora homenaxeada nas Letras Galegas 2026 escribiu An Alfaya e ilustrou  Laura Romero.


17.5.26

LETRAS GALEGAS 2026

Mitos e Lendas


Compartimos o traballo de busca de información realizado polo alumnado de 1º ESO sobre os mitos e lendas de Circe e o pracer do azul e Morgana en Esmelle de Begoña Caamaño.


11.5.26

CORRELINGUA



Baixo o lema "Co galego no corazón, facemos revolución" chega a vixésimo sexta edición


do Correlingua. Preme na ligazón para acceder ao Manifesto Correlingua 2026