17.5.15

RECITADO SEIS CANCIONES DEL MAR IN MODO ANTICO

O alumnado de 4º ESO recita os poemas neotrobadoristas de Xosé Filgueira Valverde. Preme no enlace Seis canciones del mar in modo antico para poder acceder a eles.





13.5.15

CORRELINGUA


Un ano máis asistimos con outros centros da provincia ao Correlingua. Para celebrar o seu décimo quinto aniversario acompañounos Xurxo Souto como presentador, un pracer escoitalo. Asistimos tamén á proxección dos 15 anos do Correlingua, á lectura do Manifesto por  un grupo de alumnado do colexio Malvedo, á proxección do vídeo gañador do concurso e á actuación do grupo musical Monoulious D.O.P. A continuación percorremos varias rúas da cidade ata reunírmonos na Praza Maior, alí entregáronse  os premios ás mellores pancartas e  gozamos cos xogos que nos propuxo o alumnado do TAFAD do CIFP A Farixa.

 

OLLOS DE AULA Nº 21

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua Galega publica o número 21 da revista Ollos de aula. Nela atoparedes dezasete cousas que podemos facer pola lingua o 17 de maio e o resto do ano.

 


 


 

12.5.15

O MEU LIBRO PREFERIDO

Para conmemorar o Día do Libro e mais as nosas Letras, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxo ao alumnado de 1º ESO a realización dun vídeo recomendando un libro. Velaquí as súas propostas.






10.5.15

XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE




O Equipo de Dinamización da Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propóñenvos afondar na figura do homenaxeado nas Letras. Como? Acudindo á biblioteca para consultar os carteis gañadores do Concurso-Exposición Letras Galegas 2015  e buscando a resposta ás preguntas que vos propoñemos neste formulario.

9.5.15

DÍA DE EUROPA


1º ESO A

Co obxectivo de conmemorar o Día de Europa, de contribuír á normalización da nosa lingua e de facer visibles os profesionais da tradución, o alumnado de 1º ESO A confeccionou un mapa de Europa cunha selección de autores e obras europeas traducidas ao galego.

5.5.15

MES DAS LETRAS


Comeza o mes das Letras!  Xosé Filgueira Valverde é este ano o autor homenaxeado. Aquí tedes algunhas páxinas onde podedes atopar información sobre a súa figura:

Museo de Pontevedra
Fundación Filgueira Valverde
Real Academia Galega
Xosé Filgueira Valverde. Exposición no Museo de Pontevedra (Vídeo).