20.12.18

POSTAIS DE NADAL


1º/2º ESO
       
ANDREA. 1º ESO


ALBA. 1º ESO


NIURKA. 2º ESO

O alumnado de 1º e 2º ESO confeccionou unha postal de Nadal que contén unha imaxe realizada coa ferramenta de debuxo de LibreOffice Writer e a recomendación dunha obra literaria. 

3.12.18

COUSAS

4º ESO

Relatos confeccionados despois da lectura e análise da obra Cousas de Castelao. 

25.11.18

25 NOVEMBRO

1º BAC.

O alumnado de 1º BAC. quere destacar a mulleres de diferentes ámbitos que polo seu traballo son un modelo para moitas persoas. 

25 NOVEMBRO



Cartel confeccionado polo alumnado de 1º e 2º ESO


Xela volveuse vampira!
Autora: Fina Casalderrey
Ilustradora: Noemí López Vázquez
Editorial: Baía Edicións
Infantil-Xuvenil, 2007
Finalista do Premio Xosé Neira Vilas ao mellor libro infantil do ano. 
        

5.11.18

O CÓMIC

             
2º ESO


NIURKA

AINARA
       

HUGO

SARELA

Cómics realizados polo alumnado de 2º ESO despois da lectura e análise da obra Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz.

31.10.18

ALFABETOS DE MEDO

         
 Nestas datas, o alumnado de 1º ESO confeccionou un alfabeto con léxico do campo semántico do medo. Velaquí algúns exemplos:


JUAN
ALBA
 
ANDREA

SAMAÍN



O Equipo de Dinamización da Lingua Galega proponvos unha selección de libros, cómics e películas de medo, terror ou fantasía. Achegádevos á biblioteca e botádelles unha ollada. 

19.6.18

CAMPAÑA DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA

O EDLG do IES San Mamede súmase, nun traballo coordinado con outros centros educativos da provincia, a unha campaña de fomento do uso do galego. A campaña, co alumnado como axente normalizador,  consiste na distribución e pegado de adhesivos nos distintos establecementos comerciais de Maceda. Complétase a actividade con adhesivos de menor tamaño para o alumnado e  profesorado do centro. 

ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS PARTICIPANTES


ALUMNADO COLABORADOR


















ALUMNADO COLABORADOR


5.6.18

XI CONCURSO LITERARIO JOÃO DE NÓVOA

      Alumnado premiado na categoría de 6º de Educación Primaria nas modalidades de relato curto e poesía:

      Juan Gómez Vázquez. CEIP MACEDA
      Alba Fernández Gómez. CEIP MACEDA


       Alumnas premiadas na categoría de ESO nas modalidades de recomendación literaria, poesía, cómic e relato curto. 

         Uxía Lage Fernandes e Ainara López Conde. 1º ESO
         Paula Alonso Landesa. 2º ESO A
         Eva Alonso González. 2º ESO B
         Ana Cid Seguín e Mª Lourdes Freixo Ovalle. 3º ESO
         Noela Saa Crespo. 4º ESO


PARABÉNS!


15.5.18

LETRAS GALEGAS

O alumnado do IES San Mamede súmase á homenaxe á figura de Mª Victoria Moreno lendo, comentando e realizando diversas producións arredor das obras Leonardo e os fontaneiros, Guedellas de seda e liño e Anagnórise. Así mesmo,  o alumnado de 4º ESO realizou un traballo de investigación consultando  a obra A voz insurrecta (2018) de Monste Penas Presas. Este traballo foi dado a coñecer a través dun tríptico que se expuxo no taboleiro do Equipo e ao que tamén se pode acceder a través dos blogs individuais do alumnado. 

ALUMNADO 4º ESO


11.5.18

CORRELINGUA



O venres 11 de maio, o alumnado de 1º ESO participou no Correlingua, un acto público que ten como obxectivos: propiciar a reflexión sobre a situación da lingua e a importancia de activar accións a prol dela; sensibilizar á sociedade a través da poboación infantil e moza da importancia da defensa da lingua; asociar a reflexión lingüística a actividades colectivas, lúdicas e amenas e interdisciplinares; contribuír a manter vivo o maior patrimonio creado polas galegas e os galegos e implicar as xeracións máis novas no cumprimento deste obxectivo.

23.4.18

DÍA DO LIBRO


Para conmemorar o Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor, o alumnado de 4º ESO confeccionou un vídeo recomendando unha obra literaria. Podedes velos premendo no enderezo dos seus blogs persoais: Lugares con encanto, O barco de papel, Cartas de invernos, Cidades de papelO galego como sentimento, BolboretasO lóstrego, O galego é de todos, Infinidades de palabras,  Episodio Primeiro, Páxina Cero, A liberdade do galegoVoando sen ásO Galego Falante.


21.3.18

COMPOÑER POESÍA



Hoxe, 21 de marzo, conmemórase o Día Mundial da Poesía, e para celebralo o alumnado de 2º ESO compuxo poemas inspirándose nas obras Penúltimas tendencias e Makinaria de Carlos Negro. 

12.3.18

MITOS DO AMOR ROMÁNTICO




Vídeo realizado polo alumnado de 4º ESO na materia de Titoría para desmitificar o ideal romántico do amor. 

22.2.18

DÍA DE ROSALÍA

Para conmemorar o Día de Rosalía, Uxía Oviedo de Dios, alumna de 2º BAC.,  realizou un deseño coa imaxe da autora para a confección dun cartel. Por outra banda, o alumnado de 1º ESO B  e 2º ESO recitou os poemas "Negra sombra" e "Campanas de Bastabales".


Imaxe de Uxía Oviedo de Dios. 2º BAC.




7.2.18

DÍA DA PAZ

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxo ao alumnado a conmemoración do Día Escolar da Non-violencia e a Paz con diferentes actividades. Sabemos que a educación na paz non é labor dun día, senón un camiño que debemos percorrer a diario, por iso aproveitamos a data para reflexionar sobre os principios que deben guiar a convivencia na escola.

1º ESO

1º ESO

       

2º ESO


2º ESO

4º ESO