21.12.11

NADAL FANTÁSTICO



O alumnado de 1º ESO creou o seu propio animal fantástico a partir de dous animais reais; elaborou un texto coa descrición e deseñou unha ilustración. Despois, confeccionou tarxetas de felicitación co programa Microsoft Publischer. As tres tarxetas de máis calidade foron premiadas con diploma e un agasallo.


Alumnado premiado:
David Domínguez Fernandes. 1º ESO A.
Paula González Novo. 1º ESO B.
Andrea Cid López. 1º ESO C.

CALENDARIO DE PETO



A Comunidade Educativa foi agasallada cun calendario de peto do novo ano. A ilustración realizouna a alumna de 2º ESO, Rocío García Mojón.

15.12.11

CONTADORES DE HISTORIAS I

O alumnado de 4º ESO, tras a lectura e análise de Cousas de Castelao, preparou e gravou as súas contadas baseadas nos relatos desta obra.
  • María González recrea "Dous vellos que tamén tiveron mocedade"



  • Samuel González cóntanos "Se eu fose autor"




12.12.11

VACACIÓNS LECTORAS

O EDLG deseñou e editou, en colaboración co Equipo de Dinamización da Biblioteca, dous itinerarios lectores para ESO e BAC. e CICLOS destinados a promocionar a lectura no Nadal.



11.12.11

AS CRUCES DE PEDRA NA CONTORNA

Inspirándose na obra As cruces de pedra na Galiza de Castelao, o alumnado de 4º ESO fotografou os cruceiros da contorna. A continuación vemos unha pequena selección de fotografías.


28.11.11

DO CASO QUE LLE ACONTECEU AO DOUTOR ALVEIROS



Tras a lectura e traballo do relato de Vicente Risco  "Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros", as alumnas e alumnos de 1º ESO asistimos a unha interesante charla sobre a cultura exipcia impartida pola exiptóloga Mª Eugenia Muñoz Fernández.

25.11.11

NON, Á VIOLENCIA MACHISTA

Co gallo do 25 de novembro, o EDLG proxectou a campaña audiovisual “Non, á violencia machista”.  O alumnado de 1º ESO recolleu o nome do alumnado, profesorado e persoal non docente do Centro para realizar esta presentación, na que coa presenza dos nosos nomes queremos condenar a violencia contra as mulleres.



31.10.11

RELATOS DE MEDO NO SAMAÍN

 



No Samaín, o alumnado de 2º ESO buscou lendas sobre a morte e o demo; procurou información sobre esta festividade e sobre a Santa Compaña e posteriormente confeccionou relatos de medo.

16.10.11

BENVIDA


Retomamos este proxecto despois de deternos un tempo. Vimos con azos renovados para continuar servindo de canle de difusión das vosas actividades e traballos, e seguir pelexando pola normalización da nosa lingua, por iso, se queredes acompañarnos: BENVIDOS/AS.


                "Lingoa proletaria do meu pobo
                 eu fáloa porque si, porque me gosta,
                 porque me peta e quero e dame a gaña,
                 porque me sai  de dentro, alá do fondo..."


                                                             Celso Emilio Ferreiro