Amosando publicacións coa etiqueta igualdade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta igualdade. Amosar todas as publicacións

8.3.23

DÍA DA MULLER

   Acrósticos confeccionados por alumnado de 1º ESO para reivindicar a igualdade. 


HAIZEA, GABRIELA, PABLO
 
EVA, IRENE

            

 
 
            

 
 

8.3.22

8M

No Día Internacional da Muller 2022, o IES San Mamede únese a ONU Mulleres  baixo o lema: "Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible" e reclama unha acción polo clima por e para as mulleres.  

 


19.12.19

NADAL EN IGUALDADE


Por unha sociedade comprometida coa  igualdade, a diversidade e o respecto ás persoas.

SANDRA PROL CID. 1º ESO

NATALIA FEIJOO CARDONA. 1º ESO

MARTÍN GONZÁLEZ GAVILANES. 1º ESO

MARTÍN SÁNCHEZ CASADO. 1º ESO

25.11.19

ALFABETOS POLA IGUALDADE II

             

UXÍA MARTÍNEZ DELGADO

PABLO CHAVES RIVAS
       

NATALIA FEIJOO CARDONA

LAURA SUÁREZ SUÁREZ
   

MARTÍN GONZÁLEZ GAVILANES


JONATHAN  ANDRADE FERRO
 

ALFABETOS POLA IGUALDADE I


Alfabetos pola igualdade confeccionados polo alumnado de 1º ESO.           


EDUCANDO EN IGUALDADE

Comecemos coa definición de igualdade.


25.11.18

25 NOVEMBRO

1º BAC.

O alumnado de 1º BAC. quere destacar a mulleres de diferentes ámbitos que polo seu traballo son un modelo para moitas persoas. 

25 NOVEMBRO



Cartel confeccionado polo alumnado de 1º e 2º ESO


Xela volveuse vampira!
Autora: Fina Casalderrey
Ilustradora: Noemí López Vázquez
Editorial: Baía Edicións
Infantil-Xuvenil, 2007
Finalista do Premio Xosé Neira Vilas ao mellor libro infantil do ano. 
        

12.3.18

MITOS DO AMOR ROMÁNTICO




Vídeo realizado polo alumnado de 4º ESO na materia de Titoría para desmitificar o ideal romántico do amor. 

24.5.17

NÓS TAMÉN EXISTIR


Por unha igualdade real entre mulleres e homes! 
É o berro do grupo 4º ESO A.

8.3.17

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


O alumnado de 4º ESO A quere render unha homenaxe a mulleres de diferentes ámbitos profesionais para reivindicar a loita pola igualdade no traballo e recoñecer o labor cotián de todas elas. 

8.3.15

DÍA DA MULLER


 “Princesa (contra) Disney”
Cuspo os chícharos
agochados no colchón
como se fosen balas.
Arrinco o vestido de seda.
Íspome e pego un berro
que escacha as porcelanas.
O cabelo longo semella atadura.
(As tesoiras fanme menos escrava).
Fuxo da torre.
Da mazá envelenada
da obediencia.
Fendo os ferrollos.
Pelo curto,
lingua solta.
Respiro fondo,
corro descalza.
Comezo a alancar
cara a esa gándara
máis alá dos espellos.
(Vaime volvendo a voz
que perdín en palacio).
       Penúltimas tendencias. Carlos Negro

25.11.13

25 NOVEMBRO

A igualdade, o respecto e a paz son cousa de todos. O alumnado de 2º ESO di NON á violencia contra a muller.



10.3.13

8 DE MARZO

O alumnado de 1º ESO, inspirándose en  O diario violeta de Carlota, confeccionou unhas lentes violetas para mellorar a visión da sociedade. Coma Carlota, a protagonista deste libro, invítannos a ver o mundo cunha ollada de cor violeta, unha ollada feminista que nos permita vivir nunha sociedade igualitaria, non discriminatoria e xusta.



"Para que nos axudedes a poñer moitas lentes violetas"


23.11.12

SOBRE IGUALDADE


O diario violeta de Carlota (2011) publicado pola editorial Galaxia na colección Costa Oeste forma parte dunha triloxía escrita por Gemma Lienas. Carlota, unha rapaza adolescente, comeza a escribir un diario onde vai anotando todas as situacións discriminatorias contra a muller que percibe ao seu arredor a través das súas lentes violetas.



Fina Casalderrey desenvolve en  Ola, estúpido monstro peludo (2007) o tema da violencia contra a muller. A obra, publicada pola editorial Galaxia na colección Árbore, está destinada a lectores a partir de dez anos e  nela a protagonista, aínda no útero da nai, ve como o pai se converte nun monstro peludo que enche a casa de prohibicións e ameazas que aterran a  súa nai.