11.3.14

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER



O 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller. Preme no enlace se queres saber algo máis sobre a historia deste día. 

9.3.14

CONTADAS

Tras a lectura e análise de Contos de medo do museo e como paso previo á visita ao Museo Provincial de Lugo, o alumnado de 2º ESO agrupado en equipos realizou a contada dun dos relatos do libro. Velaquí unha pequena mostra: 



7.3.14

POETAS GALEGAS

Asistimos ao I Recitado poético de autoras galegas que este ano organizamos  para conmemorar o Día Internacional da Muller. O alumnado de 2º ESO C participou neste festexo coa lectura de poemas na biblioteca do centro. 



2.3.14

OLLOS DE AULA Nº13

Chega o número 13 correspondente aos meses de marzo e abril de Ollos de aula, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado. Que contidos nos achega? Segundo a CGENDL,  unha colaboración de Concha Costas, presidenta de Espazo Lectura, sobre o papel que deben asumir nais e pais na adquisión dos hábitos lectores dos seus fillos e fillas; unha nova "palabra do ensino" da man de Lines Salgado: as adaptacións curriculares; e as interesantes propostas de lecer de Gracia Santorum. E algo máis? Pois si, non esquecemos a importancia do almorzo para o desenvolvemento dos nenos e nenas e para o seu rendemento escolar. E, para rematar, un desexo: gocemos da primavera e o sol vestindo con autoestima, elegancia e estilo a mellor das nosas roupas, a lingua e a cultura galegas.