14.6.16

CAMPAÑA FELICITA EN GALEGO




O EDLG deseñou un nova campaña de dinamización da lingua dirixida ao comercio local baixo o nome de Felicita en galego II que consistiu na realización de papel de agasallo con versos de Manuel María. Esta campaña supón darlle continuidade a iniciada o curso pasado co nome de Felicita en galego I

A alumna de 4º ESO Uxía Oviedo de Dios realizou o deseño do papel e  tamén se ocupou xunto con  Lucía González, Helena Losada, Emma Fariñas, Daniel Fontela e María Prol da súa distribución en distintos comercios das vilas de Maceda e Baños de Molgas


8.6.16

VIDEOPOEMAS

O alumnado de 4º ESO realizou videocreacións arredor de poemas de autores/as do século XX e da actualidade. Aquí podedes ver a proposta de Lucía González Iglesias a partir do poema "O reino" (Longa noite de pedra, 1962) de Celso Emilio Ferreiro.





Preme nas autoras/es dos poemas e poderás acceder ás  creacións de Uxía Oviedo de Dios, Emma Fariñas Cabo e Estela Expósito Salgado:

"Se mañá non teño gañas de viver" Pilar Pallarés
"Camelias: Cindarella" María Reimóndez.
"Ai amor,!" Xosé Neira Vilas


  

3.6.16

E TI, ARRISCARÍAS DE NOVO?

Curtametraxe gañadora no concurso João de Nóvoa.

Guión: Lucía González Iglesias, Helena Losada González e Uxía Oviedo de Dios.
Interpretación: Estela Expósito Salgado, Emma Fariñas Cabo, Nerea Garrido Casado, Lucía González Iglesias, Helena Losada González, Antía Núñez Barrio e Uxía Oviedo de Dios.
Montaxe: Helena Losada González. 




2.6.16

PREMIOS CONCURSO JOÃO DE NÓVOA



Parabéns! a todo o alumnado premiado nas diferentes categorías e modalidades do concurso João de Nóvoa.

1ª CATEGORÍA

RELATO
"Xoán, o neno soñador" ALEX SOUTO DE DIOS (6º EP CEIP DE MACEDA).

POESÍA
"Querida terriña" EVA ALONSO GONZÁLEZ  (6º EP CEIP DE MACEDA).

2ª CATEGORÍA

CURTAMETRAXE
"Biografía de Manuel María" Mª LOURDES FREIXO OVALLE  e  CATARINA CALHEIROS PIMENTEL (1º ESO B).

CÓMIC
"Un pesadelo antes de Nadal" GEMMA CID FERREIRO (3º ESO B).

3ª CATEGORÍA

RELATO
"Érase unha vez" UXÍA OVIEDO DE DIOS (4º ESO A).
"O irmán descoñecido" DAVID SOBRINO GONÇALVES (4º ESO C).

POESÍA
"Son o gardián" LAUREANO DE SOUSA DIAS (4º ESO C).
"Amor astromántico" UXÍA OVIEDO DE DIOS (4º ESO A).
"Non máis morados e escuros" ESTELA EXPÓSITO SALGADO (4º ESO B).

CURTAMETRAXE
"E ti, arriscarías de novo?" 
HELENA LOSADA GONZÁLEZ
LUCÍA GONZÁLEZ IGLESIAS
UXÍA OVIEDO DE DIOS
EMMA FARIÑAS CABO
NEREA GARRIDO CASADO
ANTÍA NÚÑEZ BARRIO
ESTELA EXPÓSITO SALGADO

4ª CATEGORÍA

RELATO
"O último adeus" ANTÍA NÚÑEZ BARRIO (1ºBAC.).