28.5.09

INTERCAMBIANDO TOPONIMIA E VISIBILIZÁNDOA

Durante este curso desenvolvemos a actividade “Intercambiando toponimia e visibilizándoa”, conxuntamente cos ENDL do IES Abrente de Ribadavia, IES Xulio Prieto Nespereira de Ourense, IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia e os diferentes departamentos de Lingua Galega e Literatura. O proxecto consistiu en confeccionar camisetas cun deseño común a partir dun traballo de microtoponimia das diferentes bisbarras. O obxectivo era coñecer, valorar e facer visible a nosa riqueza toponímica; propiciar o intercambio de coñecementos, potenciar a creatividade e empregar as TIC. Este traballo permitiu ao alumnado coñecer a orixe dos topónimos e observar a relación entre estes e o contorno, apreciando as alteracións no medio. Mesmo puideron descubrir como lugares afastados comparten nomes.


Ningún comentario:

Publicar un comentario