13.4.10

VISITA DIDÁCTICA A CELANOVA


Hoxe, as alumnas e alumnos de 3º e 4º ESO, fixemos unha visita a Celanova. Alí, guiados por Paula, coñecemos a Casa dos Poetas, o Mosteiro de San Rosendo e a biblioteca do IES de Celanova. Fixemos parte da ruta currosiana, detivémonos en Penalta e en Einibó, onde lemos os poemas de Curros: "O gaiteiro de Penalta" e "Unha voda en Einibó". Xantamos en Celanova e, pola tarde, achegámonos a ver a Virxe do Cristal e Vilanova dos Infantes. Nesta vila detivémonos diante da casa de Méndez Ferrín e visitamos o Centro Comarcal. Ao longo de todo o percorrido lemos distintos poemas de Curros, Celso Emilio Ferreiro e Méndez Ferrín.

12 comentarios:

  1. Parabéns a todas e todos polo voso comportamento. É un orgullo que se destaque a atención e actitude do grupo.

    ResponderEliminar
  2. pasamolo moi ben nesta saida tería que haber mais o longo do curso o unico malo desta excursion foi o camiño...jaja

    ResponderEliminar
  3. Rocío Rodríguez Álvarez22:48 do 24 de abril de 2010

    Eu paseino moi ben!
    Polo camiño ainda que nos manchamos un pouco, divertimonos!
    O que si me gustou foron os sofás e a televisión na biblioteca do instituto, que non nos virian nada mal en Maceda!!

    ResponderEliminar
  4. foi moi divertido poderia a ver mais escursións coma esta!!!
    O unico que non me gustou foi o camiño polo barro. E que me gustou foi o instituto de celanova.

    ResponderEliminar
  5. A min gustoume moito a visita e tivemos moi bo tempo.Foi una actividade moi cultural sobre a historia de España e Galicia.

    ResponderEliminar
  6. A min gustoume moito. Pero o que me menos gustou foi o camiño porque está moi sucio.

    ResponderEliminar
  7. Encantoume coñecer a casa dun poeta, e tamén pasear por diversos lugares que nomea nos seus poemas!

    ResponderEliminar
  8. A min gustoume moito a excursión, tivemos moi bo tempo e coñecemos cultura..

    ResponderEliminar
  9. Pareceume unha visita moi productiva e divertida, e o que menos me gustou foi o camiño polo lama.

    ResponderEliminar
  10. A min gustoume moito. O mellor foi a ora da comida e cando fomos ver a cidade dende aquela torre.

    ResponderEliminar
  11. A excusión estivo moi ben...O que menos me gustou foi cando íamos polo monte adiante e o que máis cando estivemos en einibÓ!

    ResponderEliminar