Co gallo do Día do Libro publicamos as producións realizadas polo alumnado de 1º e 4º ESO.
![]() |
| Poemas inspirados na obra O meu gato é un poeta |
![]() |
| Relatos que imitan as Cousas de Castelao |
Co gallo do Día do Libro publicamos as producións realizadas polo alumnado de 1º e 4º ESO.
![]() |
| Poemas inspirados na obra O meu gato é un poeta |
![]() |
| Relatos que imitan as Cousas de Castelao |
Chega o Samaín e o alumnado de 1º ESO amósanos as súas creacións terroríficas ilustradas, seres malvados dos que nos indican a súa descrición física, personalidade, habilidades e outras curiosidades.
O alumnado de 3º ESO entregou un cartel de sobremesa coa lenda "Aquí, en galego" nos distintos establecementos da vila de Maceda.
Sumámonos á campaña Aquí tamén se fala galego do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Rafael Dieste da Coruña para contribuír a espallar a nosa lingua nos establecementos da contorna.
Baixo o lema "A mocidade activa por unha lingua viva", o alumnado de 1º ESO participou nunha nova edición do Correlingua con outros centros de ensino da provincia. Alumnas e alumnos asistiron ao concerto do grupo John Deeres, percorreron diversas rúas do centro de Ourense nunha andaina a prol da lingua e remataron desfrutando con divertidos xogos.