30.1.17
21.12.16
NADAL GASTRONÓMICO
O alumnado de 1º ESO participou no concurso de tarxetas de Nadal que o EDLG convoca nestas datas. As tarxetas contiñan receitas ilustradas con fotos dos pratos propostos. Velaquí as alumnas gañadoras:
CARLA CABALLERO BARROS (1º ESO A).
EVA ALONSO GONZÁLEZ (1º ESO B).
10.12.16
DÍA DOS DEREITOS HUMANOS
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas designou o 10 de decembro como o Día dos Dereitos Humanos. Velaquí algúns dos traballos realizados polo alumnado dos distintos cursos.
Etiquetas:
conmemoración,
Dereitos Humanos
25.11.16
DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER






O alumnado de 4º ESO A quere compartir os carteis que confeccionou para conmemorar o 25N e rexeitar calquera tipo de violencia contra a muller:
ASASINATOS
AGRESIÓN FÍSICA
VIOLACIÓN
ABUSO SEXUAL
AMEAZAS
BERROS
INSULTOS
ACOSO
HUMILLACIÓNS
VEXACIÓNS
DESPREZOS
CHANTAXE EMOCIONAL
MENOSPREZO
HUMOR SEXISTA
CONTROL
PUBLICIDADE SEXISTA
DOMINACIÓN
ANULACIÓN
LINGUAXE SEXISTA
Etiquetas:
25N,
conmemoración,
machismo,
violencia
31.10.16
CHEGA O SAMAÍN!
14.6.16
CAMPAÑA FELICITA EN GALEGO
O EDLG deseñou un nova campaña de dinamización da lingua dirixida ao comercio local baixo o nome de Felicita en galego II que consistiu na realización de papel de agasallo con versos de Manuel María. Esta campaña supón darlle continuidade a iniciada o curso pasado co nome de Felicita en galego I.
A alumna de 4º ESO Uxía Oviedo de Dios realizou o deseño do papel e tamén se ocupou xunto con Lucía González, Helena Losada, Emma Fariñas, Daniel Fontela e María Prol da súa distribución en distintos comercios das vilas de Maceda e Baños de Molgas.
Etiquetas:
agasallo,
comercio local,
normalización,
papel,
regalo
8.6.16
VIDEOPOEMAS
O alumnado de 4º ESO realizou videocreacións arredor de poemas de autores/as do século XX e da actualidade. Aquí podedes ver a proposta de Lucía González Iglesias a partir do poema "O reino" (Longa noite de pedra, 1962) de Celso Emilio Ferreiro.
Preme nas autoras/es dos poemas e poderás acceder ás creacións de Uxía Oviedo de Dios, Emma Fariñas Cabo e Estela Expósito Salgado:
"Se mañá non teño gañas de viver" Pilar Pallarés
"Camelias: Cindarella" María Reimóndez.
"Ai amor,!" Xosé Neira Vilas
Etiquetas:
Celso Emilio,
María Reimóndez,
Pilar Pallarés,
videopoema
3.6.16
E TI, ARRISCARÍAS DE NOVO?
Curtametraxe gañadora no concurso João de Nóvoa.
Guión: Lucía González Iglesias, Helena Losada González e Uxía Oviedo de Dios.
Interpretación: Estela Expósito Salgado, Emma Fariñas Cabo, Nerea Garrido Casado, Lucía González Iglesias, Helena Losada González, Antía Núñez Barrio e Uxía Oviedo de Dios.
Montaxe: Helena Losada González.
Guión: Lucía González Iglesias, Helena Losada González e Uxía Oviedo de Dios.
Interpretación: Estela Expósito Salgado, Emma Fariñas Cabo, Nerea Garrido Casado, Lucía González Iglesias, Helena Losada González, Antía Núñez Barrio e Uxía Oviedo de Dios.
Montaxe: Helena Losada González.
Etiquetas:
concurso,
curtametraxe,
João de Nóvoa
2.6.16
PREMIOS CONCURSO JOÃO DE NÓVOA
1ª CATEGORÍA
RELATO
"Xoán, o neno soñador" ALEX
SOUTO DE DIOS (6º EP CEIP DE MACEDA).
POESÍA
"Querida terriña" EVA ALONSO
GONZÁLEZ (6º EP CEIP DE MACEDA).
2ª CATEGORÍA
CURTAMETRAXE
"Biografía
de Manuel María" Mª LOURDES FREIXO OVALLE e CATARINA CALHEIROS
PIMENTEL (1º ESO B).
CÓMIC
"Un
pesadelo antes de Nadal" GEMMA CID FERREIRO (3º ESO B).
3ª
CATEGORÍA
RELATO
"Érase
unha vez" UXÍA OVIEDO DE DIOS (4º ESO A).
"O
irmán descoñecido" DAVID SOBRINO GONÇALVES (4º ESO C).
POESÍA
"Son
o gardián" LAUREANO DE SOUSA DIAS (4º ESO C).
"Amor
astromántico" UXÍA OVIEDO DE DIOS (4º ESO A).
"Non
máis morados e escuros" ESTELA EXPÓSITO SALGADO (4º ESO B).
CURTAMETRAXE
"E
ti, arriscarías de novo?"
HELENA
LOSADA GONZÁLEZ
LUCÍA
GONZÁLEZ IGLESIAS
UXÍA
OVIEDO DE DIOS
EMMA
FARIÑAS CABO
NEREA
GARRIDO CASADO
ANTÍA
NÚÑEZ BARRIO
ESTELA
EXPÓSITO SALGADO
4ª CATEGORÍA
RELATO
"O último adeus" ANTÍA NÚÑEZ BARRIO (1ºBAC.).
18.5.16
TRÍPTICO MANUEL MARÍA
O alumnado de 4º ESO confeccionou un tríptico do autor homenaxeado nas Letras 2016. Preme no enlace e poderás ver un exemplo.
Etiquetas:
Letras 16,
Manuel María,
tríptico
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






