Sumámonos á campaña organizada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística "Presume de galego" coas gravacións do alumnado de 1º ESO, alumnado galegofalante orgulloso da súa lingua. Por iso, todos/as escolleron un tema, planificaron a exposición e compartírona cos compañeiros/as de aula. Velaquí algúns exemplos.
15.6.15
12.6.15
OLLOS DE AULA Nº 22
Chéganos o número 22 da revista Ollos de aula. A Coordinadora di que Carmen Moure Espiño, profesora de Lingua Galega e Literatura no IES Castro Alobre de Vilagarcía, responde á pregunta “Por que se precisan proxectos de sensibilización coeducativa?”; e Mª Montserrat Castro Rodríguez, profesora da Fac. de CC. Da Educación da UdC propón unha serie de actividades para que a rapazada reforce aprendizaxes da escola que deben estar e servir para a vida ordinaria. Pola súa banda, a psicopedagoga Lines Salgado achégase aos estándares da LOMCE na sección "Palabras do ensino", mentres que Gracia Santorum nos agasalla novamente cunha triada de interesantes propostas lectoras en “Cadencias”.
Etiquetas:
normalización,
ollos de aula,
revista
8.6.15
O MEU GATO É UN POETA

O alumnado de 1º ESO A recita algúns dos poemas da obra O meu gato é un poeta de Fran Alonso.
Etiquetas:
Fran Alonso,
gato,
poesía,
recitado
5.6.15
RECOMENDACIÓNS LITERARIAS
O alumnado de 4º ESO recomenda a lectura dalgunhas das súas obras literarias preferidas: Matarte lentamente, O pintor do sombreiro de malvas, O achado do castro ou Pel de lobo. Visiona os vídeos dos libros e déixanos un comentario.
Etiquetas:
bibliotráiler,
lecturas,
promoción lectura,
recomendacións literarias
ENTREGA PREMIOS
Alumnado gañador do Concurso João de Nóvoa nas diferentes modalidades e
categorías:
2ª categoría: alumnado de 1º e 2º ESO.
María Bermejo
Carballo: “Deposito os sentimentos” (2º ESO).
Roi Poza Otero:
“O amor” (2º ESO).
3ª categoría: alumnado de 3º, 4º ESO e FPB.
Laureano de
Sousa Dias: “Galicia, Letras e Palabras” (3º ESO).
4ª categoría: alumnado de 1º, 2º Bacharelato e Ciclo.
Cristina Otero
Mangana: “Meu ceo” (1º BAC.).
RELATO CURTO
1ª categoría: alumnado de Educación
Primaria
Catarina Calleiros Pimentel e Mª
Lourdes Freixo Ovalle 6º EP do CEIP Baños de Molgas.
3ª categoría:
alumnado de 3º, 4º ESO e FPB.
David Sobrino Gonçalves: “O reino da cizaña” (3º ESO).
Uxía Oviedo de Dios: “Soños roubados” (3º ESO).
Andrea Cid López: “Atrapada” (4º ESO).
Accésit por “Sé ti mesmo, pero
lembra ser o mellor ti” ao
alumnado: Nieves Basalo González, Lorena Domínguez Navarro, Estela Expósito Salgado, Christopher Gómez Seijas, Helena Losada González, María Prol González, Emma Fariñas Cabo, Yago Vilarchao Cid (3º ESO
B); Lucía González Iglesias, Uxía
Oviedo de Dios (3º ESO A); Sergio Domínguez Navarro (2º ESO A) e Brais Martínez
Quintas (2º ESO B).
Etiquetas:
concurso,
João de Nóvoa,
premios
4.6.15
VIDEOPOEMAS
As alumnas Antía Barrio e Andrea Cid preséntannos as súas creacións partindo de coñecidos poemas.
17.5.15
RECITADO SEIS CANCIONES DEL MAR IN MODO ANTICO
O alumnado de 4º ESO recita os poemas neotrobadoristas de Xosé Filgueira Valverde. Preme no enlace Seis canciones del mar in modo antico para poder acceder a eles.
Etiquetas:
Letras 15,
recitado,
Xosé Filgueira Valverde
13.5.15
CORRELINGUA 2015
Un ano máis asistimos con outros centros da provincia ao Correlingua. Para celebrar o seu décimo quinto aniversario acompañounos Xurxo Souto como presentador, un pracer escoitalo. Asistimos tamén á proxección dos 15 anos do Correlingua, á lectura do Manifesto por un grupo de alumnado do colexio Malvedo, á proxección do vídeo gañador do concurso e á actuación do grupo musical Monoulious D.O.P. A continuación percorremos varias rúas da cidade ata reunírmonos na Praza Maior, alí entregáronse os premios ás mellores pancartas e gozamos cos xogos que nos propuxo o alumnado do TAFAD do CIFP A Farixa.
OLLOS DE AULA Nº 21
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua Galega publica o número 21 da revista Ollos de aula. Nela atoparedes dezasete cousas que podemos facer pola lingua o 17 de maio e o resto do ano.
Etiquetas:
dinamización,
normalización,
ollos de aula,
revista
12.5.15
O MEU LIBRO PREFERIDO
Para conmemorar o Día do Libro e mais as nosas Letras, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxo ao alumnado de 1º ESO a realización dun vídeo recomendando un libro. Velaquí as súas propostas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)