O Equipo de Dinamización da Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propóñenvos afondar na figura do homenaxeado nas Letras. Como? Acudindo á biblioteca para consultar os carteis gañadores do Concurso-Exposición Letras Galegas 2015 e buscando a resposta ás preguntas que vos propoñemos neste formulario.
10.5.15
XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE
O Equipo de Dinamización da Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propóñenvos afondar na figura do homenaxeado nas Letras. Como? Acudindo á biblioteca para consultar os carteis gañadores do Concurso-Exposición Letras Galegas 2015 e buscando a resposta ás preguntas que vos propoñemos neste formulario.
Etiquetas:
letras,
Xosé Filgueira Valverde
9.5.15
DÍA DE EUROPA
| 1º ESO A |
Co obxectivo de conmemorar o Día de Europa, de contribuír á normalización da
nosa lingua e de facer visibles os profesionais da tradución, o alumnado de
1º ESO A confeccionou un mapa de Europa cunha selección de autores e obras europeas traducidas ao
galego.
Etiquetas:
Europa,
mapa,
normalización,
tradución
5.5.15
MES DAS LETRAS
Comeza o mes das Letras! Xosé Filgueira Valverde é este ano o autor homenaxeado. Aquí tedes algunhas páxinas onde podedes atopar información sobre a súa figura:
Museo de Pontevedra
Fundación Filgueira Valverde
Real Academia Galega
Xosé Filgueira Valverde. Exposición no Museo de Pontevedra (Vídeo).
Etiquetas:
letras,
Xosé Filgueira Valverde
28.4.15
QUE SE VEXA! O GALEGO

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) proponnos o lema QUE SE VEXA! O GALEGO, "e así utilizalo para darlle protagonismo á nosa lingua e para destacar que os actos programados arredor das LETRAS se centran en visibilizar unha lingua viva e rica válida para todos os ámbitos e situacións".
Para ler a proposta completa premede no lema.
19.3.15
OLLOS DE AULA Nº 20
A Coordinadora Galega de Equipos de normalización e Dinamización Lingüística envíanos o número 20 da revista Ollos de aula e dinos que "no presente número a psicopedagoga Lines Salgado achéganos á mediación escolar; Pilar Sampedro, docente e membro da Asesoría de bibliotecas escolares da Consellería de Educación, analiza o papel que debe xogar a familia na iniciación á lectura; a pregunta desta entrega se centra en "Como detectar un trastorno da conduta alimentaria?". Gracia Santórum preséntanos interesantes propostas literarias, musicais e de ocio. A contracapa convídanos a reflexionar sobre a estigmatización do modelo da fala dos galegofalantes que, ás veces, cometemos os propios docentes co noso "bolígrafo vermello".
Etiquetas:
coordinadora,
familias,
normalización,
revista
8.3.15
DÍA DA MULLER
“Princesa (contra) Disney”
Cuspo os chícharosagochados no colchón
como se fosen balas.
Arrinco o vestido de seda.
Íspome e pego un berro
que escacha as porcelanas.
O cabelo longo semella atadura.
(As tesoiras fanme menos escrava).
Fuxo da torre.
Da mazá envelenada
da obediencia.
Fendo os ferrollos.
Pelo curto,
lingua solta.
Respiro fondo,
corro descalza.
Comezo a alancar
cara a esa gándara
máis alá dos espellos.
(Vaime volvendo a voz
que perdín en palacio).
Penúltimas tendencias. Carlos Negro
Etiquetas:
8 marzo,
conmemoración,
igualdade,
muller
7.3.15
MANIFESTO CONTRA A VIOLENCIA
Avance e progreso na sociedade actual? Nós, dicimos non! Unha sociedade avanzada non permite nin tolera a agresión a unha persoa. Queremos dicir basta! Basta a unha sociedade hipócrita! Definímonos como sabios, hommo sapiens, pero sómolo realmente?
Diferenciámonos dos animais pola nosa capacidade de razoamento, pero unha persoa que maltrata a outra ata incluso causarlle a morte, merece ese cualificativo? Non! Abride os ollos, nós querémosvolos abrir! Facervos comprender que a nosa sociedade non debería tolerar a agresión, a humillación, o acoso ou o asasinato de ningunha persoa.
Basta desta hipocrisía, erguede a cabeza e mirade o que está a pasar. Loitade para que cambie e despois poder dicir orgullosos/as que vivimos nunha sociedade avanzada e progresista que deixou atrás calquera tipo de machismo. Cando a violencia contra a muller desapareza, poderémonos considerar realmente sabios.
ANDREA CID LÓPEZ (4º ESO A).
24.2.15
DÍA DE ROSALÍA
O 24 de febreiro conmemórase o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor.
Neste 2015 tamén propón celebralo baixo o lema "Eu son Rosalía" e convida os centros escolares, institucións, particulares… que se quixeren sumar, a realizaren actividades encamiñadas a afondar na diversidade temática da obra rosaliana e a comunicalo gravando en vídeo unha frase que comezaría por “Eu son Rosalía porque/cando/para…”.
9.2.15
LECTURAS CON AMOR
|
4.2.15
OLLOS DE AULA Nº 19
A Coordinadora
Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística envíanos un novo
número da revista Ollos de aula. Dinos que “nesta
primeira entrega do ano, Carmen Díaz Simón, orientadora do IES Lucus Augusti,
valora cando as familias e o alumnado deben acudir ao Departamento de
Orientación. Pola súa banda, Mª Dolores González Piñeiro, orientadora do CEIP
San Clemente de Caldas de Reis, ofrece algunas estratexias para estimular a
intelixencia emocional. Así mesmo, Lines Salgado achégase e formula
interrogantes sobre os famosos centros plurilingües e as seccións bilingües,
mentres que Gracia Santórum nos agasalla unha vez máis cunha boa presada de
atractivos títulos literarios.
E non esquezamos, como nos di a contracapa, que,
“cando se trata da lingua... a última palabra tamén a tes ti, o teu contorno, a
túa familia”... todos nós!”.
Etiquetas:
familias,
normalización,
ollos de aula,
revista
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



