Despois do estudo de Otero Pedrayo na aula, este xoves, o alumnado de 1º e 2º BAC. realizou unha visita ao castro de San Cibrán de Las, ao mosteiro de Oseira e ao Pazo de Trasalba. Nestes lugares, vencellados á traxectoria vital e literaria do autor, leron algúns fragmentos da súa obra e unha selección de textos poéticos de diferentes autores.
1.3.12
24.2.12
FLORES A ROSALÍA
Para conmemorar o 175º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, o EDLG en colaboración co Equipo de Dinamización da Biblioteca fixo entrega dun poema da autora e unha flor confeccionada coa técnica da papiroflexia. Ademais, o alumnado acudiu á biblioteca do centro a recitar poemas da escritora.
NORMAS USO BIBLIOTECA ESCOLAR
O EDLG deseñou e editou en colaboración co Equipo de Dinamización da Biblioteca un tríptico sobre as normas de uso da nosa Biblioteca Escolar.
Etiquetas:
biblioteca,
formación usuarios,
normas
14.2.12
MENSAXES DE AMOR
Na semana do 14 de febreiro, o alumnado de 3º ESO participou na actividade "Hai unha mensaxe para ti" confeccionando mensaxes de amor.
13.2.12
8.2.12
VISITA AO XORNAL FARO DE VIGO
O alumnado de 1º ESO visitou o xornal Faro de Vigo e realizou un percorrido polas instalacións. Nunha visita guiada foi coñecendo cal é o proceso á hora de confeccionar un xornal, como se organizan as noticias e os xornalistas que as escriben; cales son as páxinas máis importantes ou, por exemplo, cal é a historia do xornal. Para rematar, foron obsequiados cun agasallo. O 21 de febreiro será publicada no xornal unha fotografía da visita.
22.1.12
RECEITAS DE COCIÑA
Na vida cotiá atopámonos con frecuencia con textos instrutivos, por iso, seguindo as indicacións para a redacción deste tipo de textos, o alumnado de 1º ESO confeccionou receitas de cociña que elaborou previamente en familia.
21.12.11
NADAL FANTÁSTICO
O alumnado de 1º ESO creou o seu propio animal fantástico a partir de dous animais reais; elaborou un texto coa descrición e deseñou unha ilustración. Despois, confeccionou tarxetas de felicitación co programa Microsoft Publischer. As tres tarxetas de máis calidade foron premiadas con diploma e un agasallo.
Alumnado premiado:
David Domínguez Fernandes. 1º ESO A.
Paula González Novo. 1º ESO B.
Andrea Cid López. 1º ESO C.
CALENDARIO DE PETO
A Comunidade Educativa foi agasallada cun calendario de peto do novo ano. A ilustración realizouna a alumna de 2º ESO, Rocío García Mojón.
15.12.11
CONTADORES DE HISTORIAS I
O alumnado de 4º ESO, tras a lectura e análise de Cousas de Castelao, preparou e gravou as súas contadas baseadas nos relatos desta obra.
- María González recrea "Dous vellos que tamén tiveron mocedade"
- Samuel González cóntanos "Se eu fose autor"
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
