31.10.18
SAMAÍN
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega proponvos unha selección de libros, cómics e películas de medo, terror ou fantasía. Achegádevos á biblioteca e botádelles unha ollada.
19.6.18
CAMPAÑA DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA
O EDLG do IES San Mamede súmase, nun traballo coordinado con outros centros educativos da provincia, a unha campaña de fomento do uso do galego. A campaña, co alumnado como axente normalizador, consiste na distribución e pegado de adhesivos nos distintos establecementos comerciais de Maceda. Complétase a actividade con adhesivos de menor tamaño para o alumnado e profesorado do centro.
![]() |
ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS PARTICIPANTES |
![]() |
ALUMNADO COLABORADOR |
![]() |
ALUMNADO COLABORADOR |
Etiquetas:
campaña,
comercio local,
dinamización,
galego,
normalización
5.6.18
XI CONCURSO LITERARIO JOÃO DE NÓVOA
Alumnado premiado na categoría de 6º de Educación Primaria nas modalidades de relato curto e poesía:
Juan Gómez Vázquez. CEIP MACEDA
Alba Fernández Gómez. CEIP MACEDA
Alumnas premiadas na categoría de ESO nas modalidades de recomendación literaria, poesía, cómic e relato curto.
Uxía Lage Fernandes e Ainara López Conde. 1º ESO
Paula Alonso Landesa. 2º ESO A
Eva Alonso González. 2º ESO B
Ana Cid Seguín e Mª Lourdes Freixo Ovalle. 3º ESO
Noela Saa Crespo. 4º ESO
Juan Gómez Vázquez. CEIP MACEDA
Alba Fernández Gómez. CEIP MACEDA
Uxía Lage Fernandes e Ainara López Conde. 1º ESO
Paula Alonso Landesa. 2º ESO A
Eva Alonso González. 2º ESO B
Ana Cid Seguín e Mª Lourdes Freixo Ovalle. 3º ESO
Noela Saa Crespo. 4º ESO
PARABÉNS!
Etiquetas:
cómic,
concurso,
João de Nóvoa,
poesía,
premios,
recomendación literaria,
relato
15.5.18
LETRAS GALEGAS
O alumnado do IES San Mamede súmase á homenaxe á figura de Mª Victoria Moreno lendo, comentando e realizando diversas producións arredor das obras Leonardo e os fontaneiros, Guedellas de seda e liño e Anagnórise. Así mesmo, o alumnado de 4º ESO realizou un traballo de investigación consultando a obra A voz insurrecta (2018) de Monste Penas Presas. Este traballo foi dado a coñecer a través dun tríptico que se expuxo no taboleiro do Equipo e ao que tamén se pode acceder a través dos blogs individuais do alumnado.
![]() |
ALUMNADO 4º ESO |
Etiquetas:
Letras 2018,
lingua,
Mª Victoria Moreno,
tríptico
11.5.18
CORRELINGUA 2018
O venres 11 de maio, o alumnado de 1º ESO participou no Correlingua, un acto público que ten como obxectivos: propiciar a reflexión sobre a situación da lingua e a importancia de activar accións a prol dela; sensibilizar á sociedade a través da poboación infantil e moza da importancia da defensa da lingua; asociar a reflexión lingüística a actividades colectivas, lúdicas e amenas e interdisciplinares; contribuír a manter vivo o maior patrimonio creado polas galegas e os galegos e implicar as xeracións máis novas no cumprimento deste obxectivo.
Etiquetas:
andaina,
correlingua,
galego,
lingua
23.4.18
DÍA DO LIBRO
Para conmemorar o Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor, o alumnado de 4º ESO confeccionou un vídeo recomendando unha obra literaria. Podedes velos premendo no enderezo dos seus blogs persoais: Lugares con encanto, O barco de papel, Cartas de invernos, Cidades de papel, O galego como sentimento, Bolboretas, O lóstrego, O galego é de todos, Infinidades de palabras, Episodio Primeiro, Páxina Cero, A liberdade do galego, Voando sen ás, O Galego Falante.
Etiquetas:
bibliotráiler,
literatura,
recomendacións literarias
21.3.18
COMPOÑER POESÍA
Hoxe, 21 de marzo, conmemórase o Día Mundial da Poesía, e para celebralo o alumnado de 2º ESO compuxo poemas inspirándose nas obras Penúltimas tendencias e Makinaria de Carlos Negro.
Etiquetas:
Carlos Negro,
Día mundial da poesía,
Makinaria,
Penúltimas tendencias,
poesía
12.3.18
MITOS DO AMOR ROMÁNTICO
Etiquetas:
igualdade,
mitos amor romántico,
titoría
8.3.18
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)